Page 43 - revista agaca 168_web
P. 43

43

                                                                                      mundo cooperativo

                                          Ana García Vence:


                         «A cooperativa achega seguridade»








































               Ana María García Vence é unha gandeira galega, socia da cooperativa O Rodo. Con 45 anos,
               vive na parroquia de Río, a só 2 km de Rodeiro, onde a súa familia estivo vinculada á gandería
               durante xeracións. O seu avó tiña vacas de carne e o seu pai introduciu as vacas de leite nos
               anos 80. En 2011, Ana recolleu o testemuño do seu pai na explotación familiar, que agora conta
               con 45 cabezas de gando e produce ao redor de 15 000 litros de leite ao mes.

               Ana traballa soa na súa explotación, aínda que    de todo, está satisfeita coa súa vida no campo,
               recibe axuda puntual do seu irmán. Os seus pais,   aínda que recoñece que a maior dificultade é
               xa  xubilados,  están  ao  seu  cargo.  Ela manexa   estar soa e suxeita ao traballo os 365 días do ano.
               as vacas nun circuíto de muxido e mantenas en
               pastoreo a maior parte do tempo, adaptándose       A cooperativa
               ás condicións climáticas.
                                                                 A cooperativa O Rodo, con preto de 400 socios,
               Graduada en Enxeñería  Agrícola pola Universi-    é fundamental para Ana: «A cooperativa achega
               dade de Lugo, Ana sempre tivo claro que quería    máis seguridade e hai un respaldo de capital»,
               traballar no campo.  A pesar de traballar en      explica. Ademais, sinala que sen a cooperativa, o
               control leiteiro antes de regresar á granxa familiar,   investimento necesario para manter unha explo-
               a súa paixón pola vida rural levouna de volta ao   tación sería imposible. Con todo, cre que sería
               seu fogar. «O meu pai estaba encantado de que     positivo que a cooperativa se animase, ademais
               volvese; a miña nai, non tanto», confesa.         da maquinaria, no que é punteira, á transforma-
                                                                 ción de produtos.
               Ana enfronta as dificultades do sector con deter-
               minación e optimismo. A baixada nos prezos do           A cooperativa achega seguridade.
               leite é un desafío constante, e ela lamenta que
               os beneficios queden na distribución.  A pesar



                                                                                                     Nº 168 Maio 2024
   38   39   40   41   42   43   44   45   46   47   48