Page 41 - revista agaca 168_web
P. 41

41

                                                                                               tendencias

                              AGACA en Bruxelas co proxecto


                                               eLabHause.rur



               AGACA participou no Festival da Nova Bauhaus Europea en Bruxelas presentando
               eLabHause.rur, xunto co resto do consorcio do proxecto, nun evento satélite o 8 de abril.

               O proxecto eLabHause.rur foi un dos elixidos para
               ocupar un evento satélite (evento paralelo rela-
               cionado) do Festival da Nova Bauhaus Europea,
               organizado pola Comisión Europea.

               O Festival defínese como «unha ponte importante
               entre o movemento da Nova Bauhaus europea,
               representantes de alto nivel da Unión Europea,
               responsables políticos, líderes da industria en arte,
               arquitectura, deseño, sustentabilidade, innova-
               ción e público en xeral».

               Neste senso, eLabHause.rur traballa para reforzar
               a resiliencia e aumentar a capacidade das
               administracións públicas locais, as pemes de
               economía social e a sociedade dos territorios
               rurais europeos para superar as dificultades e
               crises a través da Nova Bauhaus Europea.

               Así, entre os seus resultados cóntase unha web
               colaborativa (Wiki) que recolle as boas prácticas
               en economía verde (impulsa o crecemento
               económico  ao  tempo  que reduce  o impacto
               ambiental), economía azul (refírese ao uso sostible
               dos recursos oceánicos e costeiros para o crece-
               mento económico, o desenvolvemento social e
               a protección do medio ambiente) e economía
               social (actividades económicas e empresas que
               dan prioridade aos obxectivos sociais e ambien-
               tais máis aló dos beneficios económicos) que se
               compilaron durante o proxecto.

                 O obxectivo da Wiki é informar, pero tamén
                 promover a participación de quen a lea
                 para que comparta coñecementos e boas
                 prácticas. Entre as boas prácticas seleccio-
                 nadas, por exemplo, atópanse as desenvol-
                 vidas pola cooperativa galega Horsal, en
                 materia de economía verde.

                 Accédese á  Wiki nesta ligazón:  https://
                 elabhause.eu/es/docs/elabhause-wikipla-         (España), o  Consello  do Condado  de  Meath
                 tform/                                          (Irlanda), a Comuna de Capannori (Italia), a
                                                                 Axencia de Desenvolvemento Rural do Condado
               O proxecto eLabHause.rur, cuxa reunión final de   de Zadar (Croacia) e a tecnolóxica Lime Up
               entidades socias coincidiu co Festival, comezou   (Italia), grazas ao cofinanciamento da Unión
               en 2022 e traballamos nel co Concello de Vedra    Europea.



                                                                                                     Nº 168 Maio 2024
   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46