Page 46 - revista agaca 168_web
P. 46

46

               novas
                    Grupo Coren, máis presente en festivais cunha

                    segunda food truck e eventos a nivel nacional


               O Grupo Coren, baixo a presidencia de Manuel Gómez-Franqueira, arrinca unha segunda tempada co seu
               innovador concepto de food truck, consolidándose como un referente en eventos gastronómicos. Tras o éxito
               do ano anterior, a cooperativa amplía a súa frota cunha nova furgoneta de 10 metros cadrados, sumándose
               ao gran tráiler de 50 metros cadrados.
               Ambos os vehículos destacan polo seu moderno deseño e a promoción da súa gama de porco alimentado
               con castañas, coñecido como «O de Castañas», transmitindo os valores de benestar animal, respecto ao
               medio ambiente e máxima calidade de Coren.
                                                                     A nova  tempada  comezou  coa participa-
                                                                     ción no FIV de Vilalba e o Outopía Festival
                                                                     de Ourense, onde se estreaba a nova food
                                                                     truck. Ao longo dos próximos meses, estarán
                                                                     presentes en festivais de renome tanto en
                                                                     Galicia como a nivel nacional, como O Son
                                                                     do Camiño en Santiago, Resurrection Fest
                                                                     de Viveiro, Morriña Fest da Coruña, Festival
                                                                     da Luz de Boimorto, Revenidas de Vilagarcía,
                                                                     Caudal Fest de Lugo, Negrita Music Festival
                                                                     de  Salamanca,  Toledo  Beat,  Reggaeton
                                                                     Beach Festival de Avilés ou o Rocanrola de
                                                                     Alicante.







         Vegalsa-Eroski reúne a 350 representantes de empresas,
                 denominacións de orixe, cooperativas agrarias,

              entidades e institucións do sector agroalimentario



               No marco do X Encontro coa Industria Alimentaria, a empresa de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski reuniu
               a provedores e produtores para compartir os resultados do exercicio 2023 e presentar o plan estratéxico
               para os tres próximos anos, que combina a xeración de resultados empresariais coa creación de riqueza na
               contorna, a satisfacción plena das persoas consumidoras e o fomento dunha alimentación saudable.
               A compañía galega incrementou preto
               dun  19  %  o  seu  investimento  en  compras
               a provedores locais en 2023 ata alcanzar
               os 539 millóns de euros, o que representa o
               40 % das súas compras totais. Desta cifra, o
               83 % (449 millóns) corresponde a compras
               realizadas a provedores galegos, o 6 % (34
               millóns) a provedores asturianos e o 10 % (56
               millóns) a provedores castelán leonenses.
               En 2023 a compañía colaborou cun total
               de 924 provedores e pequenos produtores
               locais, dos que 738 son galegos, 63 astu-
               rianos e 123 castelán leonenses. Isto supón
               que un de cada dous provedores cos que
               colabora Vegalsa-Eroski para garantir a cali-
               dade dos seus produtos é de ámbito local.
                                  Nº 168 Maio 2024
   41   42   43   44   45   46   47   48   49   50   51