Page 48 - revista agaca 168_web
P. 48

48

               novas



                            AGACA participa no II Encuentro de

                  Empresarios. Ética, Bien Común, Sostenibilidad



               O 11 e 12 de abril desenvolveuse o II Encontro
               de Empresarios que xuntou en Santiago de
               Compostela a máis de douscentos empresarios,
               empresarias, directivos, directivas e profesionais
               que reflexionaron sobre ética, ben común e
               sostibilidade na Hospedería do Seminario Maior.
               O primeiro día desenvolveuse a Misa do Pere-
               grino, presidida polo arcebispo de Santiago,
               monseñor Francisco Prieto, na Catedral e, de
               seguido, a Orquesta Clásica de Vigo e o Orfeón
               Terra  A Nosa ofreceron o concerto «Mozart:  A
               Misa da Coroación».
               A segunda xornada xa estivo dedicada inte-
               gramente a debater as contribucións da Igrexa
               Católica ás reflexións éticas sobre Intelixencia
               Artificial, a ética e a economía no horizonte da
               sostibilidade, e o ben común dende a perspec-
               tiva contemporánea.






                        Martín Códax acolle o Foro Mundial de
                                Cooperativas Vitivinícolas 2024


               Destacados especialistas do sector do viño
               como Ramón Estruch e  Antonio Cruces,
               coordinador científico e director, respectiva-
               mente, da Fundación para a Investigación
               do Viño e Nutrición, ou Rafael del Rey, director
               do Observatorio Español do Mercado do
               Viño,  protagonizaron os relatorios estrela do
               Foro Mundial de Cooperativas Vitivinícolas
               2024, desenvolvido  nas bodegas Martín
               Códax (Cambados) o 24 de maio.
               As temáticas abordadas foron «A relación
               entre o consumo moderado de viño e un
               estilo de vida saudable» e «As grandes
               tendencias do viño no mundo», derivando
               de seguido na mesa redonda «Nas coope-
               rativas está a solución».

               O evento rematou, tras un cóctel de clau-
               sura, cunha visita ás cooperativas Condes
               de Albarei e Paco&Lola.






                                  Nº 168 Maio 2024
   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52