Page 47 - revista agaca 168_web
P. 47

47

                                                                                                    novas




              RedCoop reúne en Zamora a 100 profesionais das

                   Federacións de cooperativas de toda España



               A cooperativa Cobadu, situada en Zamora, foi o espazo seleccionado este ano para acoller aos 100 técnicos
               e técnicas das distintas Federacións e Asociacións de cooperativas procedentes de todas as comunidades
               autónomas no marco de RedCoop.

               Cooperativas  Agro-alimentarias de  España  pon  en
               marcha esta iniciativa en 2023 co fin de propiciar o
               intercambio de experiencias e coñecementos entre
               os profesionais das distintas áreas e, así, mellorar os
               servizos ás cooperativas.
               Neste segundo encontro, de dous días de duración,
               repasáronse temas e proxectos estratéxicos para a
               Organización  e  incorporáronse  dinámicas  partici-
               pativas para coñecer o traballo desenvolvido polos
               técnicos e técnicas nos diferentes ámbitos, oportu-
               nidades e  necesidades detectadas, validación  dos
               enfoques estratéxicos etc.








                     AGACA intervén no Encontro Económico de
                                 Sober organizado por CESUGA

























               Representantes de AGACA participaron no Encontro de Sober, un foro económico centrado no rural galego
               que se desenvolveu os días 9 e 10 de maio nesta localidade lucense.
               Máis de 80 asistentes entre representantes da política e a empresa debateron sobre o sector leiteiro galego,  o
               emprego no rural e a recuperación da terra en Galicia.
               Higinio Mougán, director-xerente de AGACA exerceu como moderador na sección «Diálogos rural-industria»,
               da mesa redonda «Sen corazón non hai corpo: O sector lácteo en Galicia».




                                                                                                     Nº 168 Maio 2024
   42   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52