Page 45 - revista agaca 168_web
P. 45

45

                                                                                                  coopTIC

                      Bioeconomía, habilidades interpersoais,

                                  sostibilidade e dixitalización


                                        a un click con FIELDS



               AGACA, con outras 30 entidades de 12 países europeos, traballou no proxecto FIELDS co obxec-
               tivo de abordar as necesidades de habilidades actuais e futuras para a sustentabilidade, a
               dixitalización e a bioeconomía na agricultura. Conta con financiamento do programa Erasmus+.

               O  Sistema  de  Xestión  da  Aprendizaxe  FIELDS  (LMS
               FIELDS) está deseñado para satisfacer as necesi-
               dades formativas de profesionais da agricultura, a
               industria alimentaria, a silvicultura e o asesoramento
               e tamén de educadores e estudantes, xa busquen
               innovacións na bioeconomía, comprender prácticas
               sostibles, adoptar avances dixitais ou desenvolver
               soft skills  (habilidades brandas ou interpersoais)
               esenciais.

               Materialízase nunha plataforma de aprendizaxe á
               que se accede dende o menú principal da web do
               proxecto (www.erasmus-fields.eu/es/inicio/) ou ben directamente en fields.learnskills.ie/ . É necesario crear
               unha conta de usuario para poder consultar os contidos; para facelo, basta con cubrir un formulario cos
               nosos datos identificativos, ter un correo electrónico operativo e inventar un contrasinal.

                Que atoparei?                                    Emprendemento e soft skills: 10 temas, que tratan,
                                                                 entre outros: negociación e xestión de conflitos,
               Na Plataforma hai material didáctico en           modelado de negocios e márketing alimentario.
               formatos  Word, Power Point e tamén en vídeo,
               para descargar. Está organizado por módulos e      Como traducir?
               pola orde recomendada de consumo, para que
               sexa máis fácil de seguir e atopar. En canto ao   Se o teu non é o inglés, proba a abrir a plataforma
               nivel de competencias, segue o Marco Europeo      cos navegadores Google Chrome ou Firefox. Na
               de  Cualificacións  (que,  en  total,  ten  oito  niveis):   parte dereita da barra de direccións deberías
               ofrece materiais de nivel catro para agricultores   atopar  un  botón  que  che  permitirá  traducir  do
               e profesionais forestais e de nivel cinco para    inglés ao idioma que elixas. Outros navegadores
               asesores agrícolas e estudantes.                  tamén o teñen.

               Bioeconomía:   Catro  temas:  bioeconomía         Tradución en Chrome   Tradución con Firefox
               sostible, biomasa e biocombustibles, innovación
               na bioeconomía e concienciación sobre saúde
               e seguridade.

               Sostibilidade: 29 temas, por exemplo: redución de
               gases de efecto invernadoiro, gandería sostible,
               prevención e xestión de residuos en industria,
               fontes de enerxía ou funcionamento e preserva-
               ción do solo.
                                                                 E os arquivos? Propoñemos o tradutor de Google:
               Dixitalización:  18 temas, que tratatan dende o   podes adxuntar arquivos en Word e Power Point e
               uso de robots e drons ata a agricultura de preci-  devolverache as traducións no mesmo formato;
               sión ou control de invernadoiros.                 tamén podes copiar e pegar o texto que queiras.
                                                                 É gratis en https://translate.google.com/



                                                                                                     Nº 168 Maio 2024
   40   41   42   43   44   45   46   47   48   49   50