Page 49 - revista agaca 168_web
P. 49

49

                                                                                                    novas










                          Caixa Rural Galega aproba as contas

                          anuais de 2023 cun resultado histórico


























                          Caixa Rural Galega celebrou a súa Asemblea Xeral anual o pasado 11 de maio, onde
                          se aprobou un balance histórico para a cooperativa de crédito.
                          As  contas  do  exercicio  2023  rexistraron  un  beneficio  neto  superior  aos  21  millóns
                          de euros, marcando un incremento do 140 % fronte ao ano anterior. Este resultado
                          histórico foi atribuído á mellora das marxes grazas á subida dos tipos de xuro oficiais
                          realizada polo Banco Central Europeo.
                          Os activos da entidade superaron por primeira vez os 2000 millóns de euros, cun
                          crecemento do 3,50 % fronte a 2022. Os depósitos dos clientes acadaron os 1842
                          millóns de euros e o investimento crediticio neto situouse en 851 millóns de euros,
                          incrementándose en 5,6 % e 3,1 % respectivamente.
                          Manuel Varela, presidente de Caixa Rural Galega, destacou os importantes retos e
                          oportunidades que se presentan debido á desaceleración da globalización, a loita
                          contra o cambio climático, a transición enerxética, a transformación dixital e o envelle-
                          cemento da poboación en Europa. Tamén sinalou a importancia de estar preparados
                          para estes cambios, subliñando que a entidade xa se atopaba ben posicionada para
                          unha subida de tipos.
                          En relación ao futuro, Varela indicou que 2024 será un ano de incertezas pola desace-
                          leración económica, a inflación e o complexo escenario político. A entidade espera
                          seguir medrando e abrir novas oficinas, anticipando unha posible baixada de tipos
                          na segunda metade do ano, aínda que non se alcanzarán os niveis dos anos prece-
                          dentes.












                                                                                                     Nº 168 Maio 2024
   44   45   46   47   48   49   50   51   52