Page 42 - revista agaca 168_web
P. 42
42
tendencias
Amarela Leaf Whey investiga o uso da verza
para conservar queixos e manteigas
María Martínez, CEO e fundadora de
Amarela Leaf Whey, está a revolucionar o
sector lácteo galego cunha innovadora
proposta de packaging sustentable. Inspi-
rada nas técnicas tradicionais da súa avoa
para conservar produtos lácteos utilizando
verza, María adaptou esta idea ancestral
aos tempos modernos. «A verza era funda-
mental tanto para os agricultores como
para o gando. Conservaba e protexía as
manteigas e queixos, mantendo a súa
calidade desde a produción ata a venda»,
comenta María.
Amarela Leaf Whey aposta por un proceso de
economía circular, utilizando subprodutos vexe-
tais e da industria láctea para crear un packa-
ging en formato papel para lácteos. «Estamos a
desenvolver o produto mínimo viable nunha fase
inicial, pero contamos co respaldo de distintas
institucións como Madrid Food Innovation
Hub, BFFood Galicia e o Centro Formativo de la
Escuela de la Vid, o que nos permite avanzar cara
á comercialización», explica.
Amarela Leaf Whey aspira a
A maior dificultade, segundo María, é a reticencia
desenvolver unha nova solución de da industria a adoptar alternativas sustentables:
envasado sostible para o sector lácteo «Hai moita confusión e resistencia a incluír inno-
vacións no sector de envases. O plástico segue
empregando papel creado a partir
sendo dominante, pero estamos traballando para
das verzas, aumentando a vida útil dos ofrecer unha alternativa viable e diferenciadora
alimentos e a súa sustentabilidade. para a industria láctea».
María resalta a importancia de iniciativas como Amarela Leaf Whey ten obxectivos claros a curto e
BFFood, a aceleradora de empresas agroalimen- medio prazo: «Queremos obter un packaging que
tarias galega que está a impulsar o seu proxecto: cumpra cos requisitos alimentarios e de mercado,
«Chegamos a BFFood a través de programas de e que substitúa o plástico na industria láctea. A
incubación e redes sociais. Esperamos seguir co pequena e mediana industria láctea en Galicia
seu apoio para contribuír a unha nova economía precisa solucións de envasado sustentables».
sustentable no sector papeleiro e lácteo, tan rele-
vantes na nosa comunidade». A CEO de Amarela conclúe con optimismo sobre
o futuro do seu proxecto e o papel das acele-
AGACA tamén xoga un papel crucial no desen- radoras e asociacións que o apoian: «Estamos
volvemento de Amarela Leaf Whey: «AGACA recibindo un feedback moi positivo de centros de
proporciona formación, calidade e coaching, investigación, pequena industria e investidores.
abordando todos os imprevistos que xorden non Emprender é duro, pero sabemos que o noso
proceso. É un instrumento valioso para as startups traballo terá un impacto significativo na sustenta-
e empresas do programa de aceleración», sinala bilidade do sector alimentario galego».
María.
Nº 168 Maio 2024

