Page 37 - revista agaca 168_web
P. 37

37

                                                                                               tendencias

                Castaña

               Nos anos 70 e 80 comezou a industrialización da
               castaña en Galicia, informa a IXP Castaña de
               Galicia, sendo entón a primeira rexión industrial de
               España e probablemente de Europa. Na actua-
               lidade, Chile é un país potente no sector, supe-
               rando os dous euros por quilogramo de castaña
               vendido, co que Galicia non pode competir, entre
               outros motivos pola falta de remuda xeracional e
               pola produción de variedades menos rendibles.
               Outra das dificultades vén por pragas de avispilla
               e fungos que custa erradicar, por razóns como a
               dificultade de acceso e limpeza dalgúns terreos,
               por exemplo.

               Con todo, a IXP ponse como obxectivo moder-
               nizar as plantacións e constata que hai entre
               2000 e 3000 novas hectáreas plantadas nos
               últimos anos por parte de particulares, mesmo
               sen axudas, ademais de que incluso en épocas
               de crise o froito acadou os valores máximos e
               mantén prezos relativamente estables e altos.
               Castaña de Galicia é a única marca de calidade
               para castaña española recoñecida por Europa.

               O Centro de Investigación Forestal de Lourizán
               vén traballando dende 2010 en cruzamentos e
               polinizacións  controladas con  flores femininas
               de Castanea sativa e C. Cremata e C. Mollisima.
               Actualmente hai máis de 1000 descendentes
               destes cruzamentos.

               As cooperativas  Aira e  A Carqueixa están a
               comercializar en verde e sen transformar.

                Cánabo

               O repaso  á normativa vixente para cultivo de
               cánabo serviu para contextualizar que tipo de
               aproveitamentos se poden dar tanto ás fibras
               obtidas da planta como á propia semente. Neste
               senso, dende o Centro  Tecnológico Nacional
               Agroalimentario de Extremadura presentaron
               proxectos  rexionais,  nacionais  e  europeos  que
               están a desenvolver; entre os usos industriais
               posibles indican os materiais de construción para
               arquitectura e locomoción e os téxtiles a partir de
               fibra, así como o cultivo de cánabo para rexene-
               ración de solos marxinais e mellora da estrutura
               de solos en enclaves de biodiversidade.
                                                                 industrial benefíciase dun clima temperado e
               En canto á semente, DANA Agronomics incidiu no    dunha precipitación pluvial mínima de 700 mm/
               seu alto valor nutricional (prové oito aminoácidos   ano, aínda que resiste o estrés hídrico fóra das
               e é fonte de proteína vexetal), da que se obteñen   primeiras fases, e precisa un mínimo de oito horas
               aceite,  fariña  e semente  pelada.  O  cánabo    de sol e polo menos sete horas de escuridade
                                                                 ininterrompida.

                                                                                                     Nº 168 Maio 2024
   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42