Page 36 - revista agaca 168_web
P. 36

36

               tendencias

                      Novas oportunidades de negocio locen


                            potencial en xornadas formativas




               Como parte do compromiso co emprendemento no rural, AGACA segue a difundir sectores que
               poden supoñer unha oportunidade de negocio mediante xornadas celebradas no marco da
               Rede Eusumo. As últimas sesións dedicáronse ao porco celta, ao leite ecolóxico, á castaña, aos
               cogomelos, ao cánabo e ao kiwi.





































                Porco celta                                      destacando  o  primeiro.  Porén,  coa  idade
                                                                 aumenta o grao de engraxamento polo que
               Foi a primeira raza porcina en lucir o logotipo   porcentualmente os porcos teñen menor contido
               Raza Autóctona 100 %, do Ministerio de Agricul-   de lombo, solombo e xamón e maior de touciño
               tura, Pesca e Alimentación; malia iso, con preto   entrefebrado e touciño.
               de 5 000 animais no Rexistro Xenealóxico, o porco
               celta está en perigo de extinción. Así, por fomento   Respecto da  sostibilidade,  un  estudo  da  Univer-
               de raza autóctona en perigo de extinción poden    sidade de Santiago de Compostela indica que
               recibirse 100 €/ reprodutora da PAC e as explota-  os sistemas agroforestais con porco celta son
               cións extensivas entrarían nos ecoesquemas de     un xeito de incrementar a renda da explotación
               pastoreo e nas axudas do PDR se están en zona     forestal, a diversificación de produtos e, por tanto,
               de montaña, de pastos ou ecolóxica.               o desenvolvemento rural, ademais de diminuír o
                                                                 risco de lume, aumentar a biodiversidade e dina-
               Dada a súa rusticidade, o porco celta adáptase a   mizar o ciclo de nutrientes.
               todos os ecosistemas e tamén á cría en extensivo,
               semiextensivo ou en estabulación permanente.      Entre as entidades que promoven esta raza están
               En canto ás canais, o Centro  Tecnolóxico da      a cooperativa Tres Fuciños, que cría, transforma e
               Carne determinou que os porcos sacrificados       comercializa produtos de porco celta, e Asoporcel,
               con máis idade acadan maiores rendementos         a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta.
               nos xenotipos Santiaguesa, Carballina e Barcina,



                                  Nº 168 Maio 2024
   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41