Page 40 - revista agaca 168_web
P. 40

40

               tendencias

                       UpFarming guía a novos gandeiros na


                    comunicación das súas accións sostibles



               Durante abril e maio tiveron lugar dúas reunións do consorcio do proxecto UpFarming, no que
               AGACA traballa coa entidade Confederazione Italiana Agricoltori delle Alpi co fin de capa-
               citar a profesionais da gandería para que divulguen eficazmente os seus logros en materia de
               sustentabilidade, de xeito que a sociedade e o resto da cadea alimentaria poidan valoralos.

               En abril unha delegación de AGACA trasladouse     actuar  como  consultoras  que  acompañen  ás
               a Turín onde puido coñecer, da man de CIA Agri-   explotacións no camiño á sustentabilidade e a
               coltori delle Alpi, cooperativas e explotacións da   comunicación. A Universidade de Turín colaborou
               rexión como Cooperativa Isolabella Agricola, que   co material didáctico, que pode atoparse en
               conta mil cabezas de gando bovino de leite, e a   www.agaca.coop/upfarming
               queixería La Primula, unha das 20 primeiras explo-
               tacións que instalou un robot de muxido en Italia.   O obxectivo de UpFarming, que comezou
                                                                  en 2022 e remata este ano, é apoiar a
               En  maio  foron  representantes  de  CIA  delle  Apli   pequenas empresas agrícolas e propoñer
               quen viñeron a Galicia co gallo da última reunión   solucións relacionadas coa aplicación
               transnacional presencial do proxecto. Durante      da  sustentabilidade, actuando en  dúas
               a viaxe, puideron coñecer como se traballa nos     vertentes. Busca sensibilizar ás empresas
               sectores lácteo, vitivinícola e hortícola da rexión.   agrícolas en termos de sustentabilidade e
               Así, visitaron as explotacións Sar de Serráns e SAT   encamiñalas na comunicación ao público
               Cives (Mazaricos, A Coruña), que producen leite    (provedores, consumidores etc.) sobre o
               para a cooperativa CLUN, xunto coas instalacións   que realmente fan nese eido.
               da cooperativa. Coñeceron tamén a adega Pazo
               Baión  (Cambados,  Pontevedra)  que  pertence  á   O proxecto conta co financiamento da Unión
               cooperativa Condes de Albarei.                    Europea no marco do programa Erasmus+.

               Ademais de presentar UpFarming ante as
               presidencias das mencionadas entidades, o
               consorcio  reuniuse  cos  presidentes  das  coope-
               rativas vitivinícolas Martín Códax e Paco&Lola e
               da hortícola Horsal, todas da zona de Cambados,
               para presentarlles o proxecto.

               UpFarming desenvolveu  formación destinada a
               persoas recentemente tituladas en estudos agra-
               rios e profesionais do sector  para que poidan


                                                                                         Socios e socias de UpFarming en Pazo Baión.
















                                               Visitando unha
                                           explotación en Turín.                                      Nas instalacións de Clun.


                                  Nº 168 Maio 2024
   35   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45