Page 44 - revista agaca 153_web
P. 44

44

               cooperatic
               2 – Con Bluetooth

               En primeiro lugar hai que asegurar que tanto o ordenador coma o móbil teñan o Bluetooth activado.
               Este sistema varía un pouco entre dispositivos pero, xeralmente,
               comezaremos seleccionando no móbil os arquivos que queiramos
               pasar ao ordenador e, unha vez feito, escolleremos a opción de
               enviar por Bluetooth e o nome do noso ordenador.





















               Nalgunhas versións de Windows debemos ir a «Bluetooth y otros
               dispositivos» e seleccionar «Enviar o recibir archivos a través de
               Bluetooth» para poder realizar esta operación.
























               Finalmente, poida que o ordenador pida que aceptemos a transferencia de arquivos e mesmo que mostre
               unha secuencia numérica e pida que verifiquemos que coincide coa que nos marque o móbil.
   39   40   41   42   43   44   45   46   47   48   49