Page 47 - revista agaca 153_web
P. 47
47
novas
Loli Calvo, presidenta de Nós, As Mulleres, no
Congreso «Talento Empresarial Feminino»
O 17 de setembro a Confederación de
Empresarios de Galicia (CEG) desenvolveu
o Congreso «Talento Empresarial Femi-
nino» en Santiago de Compostela, onde
participou un selecto número de mulleres
profesionais que puxeron sobre a mesa
os principais retos a afrontar, como son o
liderado feminino e as barreiras a superar, e
un conxunto de experiencias de alto valor
persoal, profesional e social, reflexo dunha
sociedade plural, aberta e competente.
Entre as convidadas estivo Loli Calvo, presi-
denta de «Nós, As Mulleres», a Asociación
Galega de Mulleres de Cooperativas Agro-
alimentarias, presidenta tamén da cooperativa Condes de Albarei e integrante da representación sectorial de
viño de costa de AGACA. Vinte e seis empresarias, cargos profesionais de ámbitos diferentes, reivindicaron a
importancia do papel que están a desenvolver as mulleres e a necesidade de acadar o lugar merecido na
sociedade, a nivel persoal e profesional, e o recoñecemento da valía desta achega.
Participaron na apertura do Congreso a vicepresidenta e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz,
o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antonio
Sánchez Bugallo, e o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites.
As cooperativas de Meirás e Vilaboa están
adaptadas á Lei de crédito inmobiliario
A Lei 5/2019, de 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario, supuxo que todas as entidade
que presten este servizo deben adoptar novos modos de traballo, con independencia de se se trata de
bancos ou cooperativas, para cumprir a normativa.
Quen xa o lograron foron a Cooperativa
de Meirás e a Cooperativa de Vilaboa (as
dúas na zona de Valdoviño). Así, as dúas
deberon non só realizar cambios a nivel
administrativo, como por exemplo inscri-
birse no rexistro de intermediarios de crédito
inmobiliario, senón tamén a nivel infor-
mático, pois é necesario utilizar diferentes
plataformas e sistemas dixitais para emisión
de contratos, análise de risco e mesmo
contacto mensual co Banco de España.
A Lei esixe que os operadores do sector
reúnan «recoñecido prestixio e coñece-
mentos e competencias adecuados» e
establece a necesidade de dispoñer dun
plan de formación, así que o persoal das
cooperativas tamén debeu formarse.
Nº 155 Outubro 2021