Page 42 - revista agaca 153_web
P. 42

42

               Especial mocidade

                       «Se traballase aquí como se fai noutros


                                     países iría preso, seguro»




               Así de claro o ve Mario Nieto cando relata como    Mario Nieto ten 23 anos e está tramitando a incorpora-
               traballan noutros países segundo a súa expe-       ción á granxa familiar
               riencia formativa: «A cantidade de fertilizantes
               que usan é moitísimo maior cá que usamos nós;
               aquí non está permitido, levaríannos presos». Por
               outro lado, tamén pensa que hai outros aspectos
               dos  que  tomar  nota coma  o  de  apostar  por
               producir pero, ademais, por transformar e vender,
               eliminando intermediarios.

               Este mozo de Burela, antes de solicitar a incor-
               poración á explotación familiar Ganadería de
               Carnicería Pilar —situada en Tapia de Casariego
               (Asturias)—, cursou un ciclo superior de admi-
               nistración e finanzas e outro de gandería e asis-
               tencia sanitaria animal na EFA Fonteboa que lle
               axudaron a reafirmarse na súa vocación de dedi-
               carse profesionalmente á gandería de vacún de
               carne e á explotación dos seus pais.

               Lembra que o interese pola gandería lle vén
               dende moi pequeno — «cando meu avó paterno
               me levaba con el á granxa, sempre que podía»—
               e que son ese tipo de vínculos os que motivan á
               xente nova a seguir no campo: «Na casa sempre
               me apoiaron para dedicarme ao que quixese
               e, particularmente, para seguir na gandería e é   rendemento  de  cada  animal:  «Cando  compras
               moi difícil que unha persoa allea ao rural coñeza   un tenreiro, fáltanche números: non sabes, ata
               ben como se traballa aquí, que perciba esta acti-  que se mata, canto vas percibir». Neste senso,
               vidade como un traballo con futuro e, por tanto,   pensa que o sector lácteo está mellor estruturado
               adoita preferir outras actividades profesionais».  e baseado nunha tecnoloxía da que o sector da
                                                                 cría de carne de vacún carece. Por esta razón, el
                                                                 pensa que a clave está en ofrecer carne de cali-
                     Sempre me apoiaron cando quixen
                                                                 dade: «Tal vez haxa que orientarse cara á carne
                      formarme para ser mellor gandeiro          ecolóxica».

               A  explotación  de  Mario  e  do  seu  pai,  José  Luis,   Como sucede na práctica totalidade dos profe-
               consiste en mercar e criar tenreiros de cebo da   sionais agrogandeiros o que máis lle satisfai do
               raza Asturiana de los Valles que despois venden   seu traballo é o contacto diario cos animais,
               na carnicería que teñen en propiedade. Compran    ademais de vivir todas as fases ata ver o resultado
               xatos  con 5 meses de idade  que  se crían con    do seu traballo.
               penso e «palla branca de Castilla». Tamén contan
               con 14 vacas e un touro, nunha finca que linda      Hai que estar orgulloso do que facemos
               coa nave. Confesa que un dos obxectivos de
               futuro é ter suficientes nais para non ter que      e hai que conseguir que valoren o noso
               comprar tenreiros e seren autosuficientes para                                     traballo
               cebalos.
                                                                 Para resumir, Nieto asegura: «Hai que estar orgu-
               Entre as complicacións que destaca nesta acti-    lloso do que facemos e hai que conseguir que
               vidade, figura a incógnita que recae sobre o      valoren o noso traballo».
   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46   47