Page 46 - revista agaca 153_web
P. 46
46
novas
Ana Peleteiro visitou CLUN e mantivo unha charla
con cooperativistas e novos atletas
A cooperativa CLUN recibiu á medallista
olímpica Ana Peleterio, imaxe dos produtos
premium ÚNICLA, na súa sede da localidade
coruñesa de Ames. A deportista foi recibida por
diversos representantes da cooperativa, co seu
presidente José Ángel Blanco á cabeza.
Durante o acto, desenvolvido o luns 13 de
setembro, a atleta galega mantivo unha charla
informal con algúns cooperativistas e as súas
familias, así como con mozos e mozas do Clube
de Atletismo de Ames, con quen compartiu a
súa experiencia de participación nos recentes
Xogos Olímpicos de Tokio e algunhas recomen-
dacións sobre a importancia dos hábitos de
vida saudable e os valores do deporte.
A cooperativa láctea galega mantén unha alianza con Ana Peleteiro, a quen confiou o labor de achegar
os valores de ÚNICLA ao conxunto da sociedade. Identidade galega, traballo en equipo, capacidade de
sacrificio e constancia, compromiso coa igualdade de xénero, promoción de hábitos de vida saudable…, son
algúns dos valores que encarna a deportista e que, do mesmo xeito, identifican os produtos 100% naturais,
saudables e sostibles de ÚNICLA.
Caixa Rural Galega recibiu a
Adiaratou Iglesias, gañadora de dúas medallas nos
xogos paralímpicos de Tokio
A atleta lucense e militante do Lucus Caixa Rural Galega foi
recibida polo histórico patrocinador do equipo de atletismo
Lucus nos seus servizos centrais co obxecto de homenaxear e
recoñecer o enorme éxito que para o club e para a cidade de
Lugo supuxo a súa xesta ao volver dos Xogos Paralímpicos de
Tokio cunha medalla de ouro nos 100 metros lisos e unha de
prata nos 400 metros lisos.
A atleta lucense agradeceu o recibimento e os aplausos reci-
bidos e mostrou as súas medallas olímpicas nun acto no que lle
entregaron unha placa conmemorativa en recoñecemento ao
seu éxito, así como o do seu adestrador, tamén presente no acto,
e o da directiva e o persoal do Club Lucus Caixa Rural Galega.
O director xeral de Caixa Rural Galega, Jesús Méndez, destacou
a enorme satisfacción que supón esta visita e o poder recoñecer
un éxito desta relevancia. Igualmente destacou «a importancia
que supón para a Entidade o manter un patrocinio con máis de
30 anos de relación continuada, cuxa finalidade fundamental é
promover a práctica do deporte e, en especial, do atletismo». Jesús Méndez explicou que colaboracións deste
tipo permiten á Entidade materializar dunha maneira moi satisfactoria unha contribución á sociedade, dado
que o fomento da práctica do deporte ten un compoñente social moi importante.