Page 48 - revista agaca 153_web
P. 48
48
novas
CLUSAGA promove a interconexión empresarial co
Food Innovation Day
Co fin de poñer en contacto ás
empresas socias do Clúster de
Alimentación de Galicia, a enti-
dade organizou unha «Xornada
de pitching e networking sobre
recursos para a innovación da
cadea de valor alimentaria»,
dentro do chamado Food Innova-
tion Day.
A iniciativa, que tivo lugar o 8 de
outubro en Santiago de Compos-
tela, busca facilitar a colabora-
ción en procesos de innovación,
especialmente entre empresas
provedoras de servizos avan-
zados en dixitalización, industria
4.0, enxeñaría e equipamento e
empresas alimentarias.
Cultiva 21 convida á mocidade agrogandeira a
estancias formativas por toda España
O Programa CULTIVA ou Programa de Estancias
Formativas de Novos Agricultores en Explotacións
Modelo é unha iniciativa desenvolvida polo Minis-
terio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA),
en colaboración con entidades do sector -entre
elas Cooperativas Agro-alimentarias de España- e
con explotacións agrarias modelo vinculadas ás
mesmas, que pretende facilitar o acceso á formación
e o coñecemento práctico dos novos profesionais
dos sectores da agricultura e a ganderías españois.
Búscase ofrecer a persoas mozas formación prác-
tica en explotacións modelo de acollida a través de
estancias formativas, onde teñan a oportunidade
de adquirir e consolidar in situ coñecementos sobre
aspectos técnicos e de xestión que poidan aplicar
no desenvolvemento da súa propia actividade
agraria.
As estancias formativas, desenvolvidas en territorio nacional e por períodos de entre 5 e 14 días de duración,
ofrecen sete horas de formación diaria sobre diferentes temáticas, como a planificación e xestión económica
e financeira das explotacións ou o uso de tecnoloxías dixitais, entre outras.