Page 43 - revista agaca 153_web
P. 43
43
cooperatic
Como conectar o teléfono móbil
ao ordenador
Cada vez conservamos máis información nos teléfonos móbiles, ata o punto de encher o espazo de alma-
cenamento. Mostrámosvos dous xeitos fáciles de pasar fotos e outros arquivos ao ordenador dende móbiles
Android (e viceversa).
1 – Con cable
Tras conectar o cable ao ordenador debemos dicir ao teléfono que
queremos transferir arquivos. Do contrario, só cargará a batería. A opción
de transferir arquivos inclúe fotos.
Dende o ordenador iremos a Equipo/Este equipo (o nome pode variar) e aí faremos clic no noso teléfono.
Adoita recoñecerse polo nome do fabricante (Samsung, Xiaomi...), aínda que a icona pode variar, como nos
exemplos.
Dentro do teléfono a información agrúpase en carpetas.
Cómpre ter coidado para non borrar por erro algo que
afecte ao funcionamento do teléfono:
- Polo xeral, as fotos e vídeos que facemos coa cámara
irán a unha carpeta chamada DCIM.
- Os arquivos de WhatsApp teñen a súa propia carpeta.
Dentro dela, para atopar fotos, vídeos e gravacións
debemos ir á carpeta chamada Media.
- Os arquivos que descargamos de Internet e correo
electrónico (sexan PDF, fotos, cancións etc.) irán a
Download/Descargas.
- Os arquivos de son irán a Music, excepto os que
descarguemos (en Download).
Nº 155 Outubro 2021