Page 45 - revista agaca 153_web
P. 45
45
novas
Martín Códax e Viña Moraima, premiadas na
XXXIII Cata dos Viños de Galicia
A XXXIII Cata de Viños de Galicia 2021, XXIII Cata de Augardentes de Galicia e a X Cata dos Licores Tradicio-
nais de Galicia entregaron premios o 21 de xullo nun acto organizado pola Consellería de Medio Rural e os
Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe (D.O.) e Indicacións Xeográficas Protexidas do sector.
Na categoría de Elaboración en Madeira Branco, o viño Organistrum da cooperativa Martín Códax recibiu o
Acio de Prata de mans de José Luis Cabarco Corral, director xeral da Axencia Galega de Calidade Alimentaria.
Por outra banda, o Aba de Trasumia, de Viña Moraima, alzouse co Acio de Prata Na categoría de Viños Brancos
Rías Baixas, que foi entregado polo presidente da D.O., Juan Gil.
En total, presentáronse 284 mostras de viño branco e 129 de viño tinto, procedentes de 169 adegas, e 27
mostras de licores e augardentes, de 11 industrias. O xurado compuxérono 12 expertos na fase de pre-cata e
14 na cata final.
A Volta en Verde de Caixa Rural Galega
e o equipo ciclista Caja Rural-Seguros RGA,
un novo obxectivo solidario e sostible
Con motivo do paso da Volta a España por Galicia, Caixa Rural Galega volveu realizar unha acción solidaria
xunto ao equipo ciclista Caixa Rural-Seguros RGA: «A Volta en Verde» supuxo unha volta alternativa á iniciativa
do equipo ciclista e o Grupo Caixa Rural usou o mesmo mapa de etapas que a Volta a España. En cada
etapa lanzouse este reto dixital dende as redes sociais do Team Caixa Rural-Seguros RGA que se transformou
en 2.000€ ao conseguir 1.000 «gústame» nas súas publicacións en Facebook, Instagran e Twitter.
Como complemento, días máis tarde, os empregados do Grupo Caixa Rural e Seguros RGA vestiron unha
camiseta verde solidaria e sostible deseñada especialmente para celebrar o Día Solidario e demostrar o seu
espírito sostible e social, colaborando coa doazón do 10% das pólizas de seguros que se venderon nese día a
Cáritas para o proxecto Dereito á alimentación.
Nº 155 Outubro 2021
Nº 155 Outubr o 2021

