Page 49 - revista agaca 153_web
P. 49
49
novas
Presentouse SAVES, Sistema de Asistencia Virtual para
o Cooperativismo e a Economía Social
A Universidade de Vigo acolleu a presentación de
SAVES, unha aplicación deseñada por ECOBAS, Centro
de Investigación Interuniversitario integrado polas tres
universidades galegas. Esta ferramenta dixital inclúe
información sobre a situación e evolución recente do
movemento cooperativo en Galicia ademais do perfil
económico-financeiro das cooperativas. Pode consul-
tarse en www.saves.uvigo.gal.
No acto interveu Carmen Rodríguez, presidenta de
AGACA, quen destacou a súa utilidade: «Poder acceder
en tempo real a datos que afectan á economía social
permite axudar a tomar decisións e aconsellar tanto ás
persoas socias como á Administración».
Éxito das iniciativas de Rede Eusumo
Continúan xerando interese as variadas accións formativas de AGACA, con iniciativas coma os Obradoiros de
Gobernanza Cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais e os cursos online.
Ao igual que o ano pasado, están a ter lugar por distintos puntos de Galicia obradoiros destinados a Comu-
nidades de Montes, respondendo ás peticións que chegan á Asocicación, e están a acadar un importante
éxito tanto no relativo á asistencia como ás demandas de máis xornadas formativas.
Especialistas en normativa, administración e ordenación forestal responden aos obxectivos destes obradoiros
gratuítos que basicamente son resolver dúbidas, coñecer novidades e descubrir oportunidades.
Por outra banda, a segunda edición anual dos cursos online orientados á formación sobre certificacións
medioambientais e de calidade esgotou prazas dispoñibles en poucos días dende que se abriu a inscrición,
como xa vén sendo habitual.
«A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioam-
bientais», como se denomina formalmente, busca promover as oportunidades que a economía social e a
implantación destas certificacións supoñen para modernizar as explotacións agroalimentarias.
Estas actividades enmárcanse no
programa de actuación 2021 da
Rede Eusumo, unha rede de cola-
boración impulsada pola Secretaría
Xeral de Emprego da Xunta de
Galicia para o fomento do coope-
rativismo e a economía social que
conta co financiamento do Ministerio
de Trabajo y Economía Social.
Nº 155 Outubro 2021