Page 41 - revista agaca 153_web
P. 41

41

                                                                                       Especial mocidade

                  «Nós somos os primeiros que debemos estar


                                 orgullosos do que facemos»



                                                                   Dende sempre, as vacas da familia
               Nerea Aneiros é de Moeche (A Coruña) e conta        están a pastoreo.
               con estar incorporada á explotación familiar
               Granxa O Caxigo S.L. antes de finalizar o ano.
               Con 23 anos, cursou bacharelato, unha FP en
               Gandaría e  Asistencia en Sanidade  Animal e,
               agora, está en segundo curso de Veterinaria en
               Lugo, formación que compaxina coa actividade
               na granxa.

               A estas alturas, Nerea ten moi claro que vivir no
               rural,  do  ámbito  agrogandeiro  e  cun  salario
               digno é moi factible e recomendable, se, coma
               ela, che entusiasman o contacto cos animais
               e  a  liberdade  de  ser  o  teu  propio  xefe.  Síntese   dúas conclusións: que en Galicia se fan as cousas
               moi agradecida pola formación recibida na EFA     igual de ben ou mellor e que naquel país os agri-
               Fonteboa onde cursou FP, xa que pasou por unha    cultores e gandeiros son valorados socialmente,
               etapa  «rebelde»  onde,  afirma:  «Cheguei  a ter   algo que en Galicia non sucede.
               dúbidas sobre seguir co traballo na granxa e o
               ciclo devolveume a ilusión e as ganas».           Esta granxeira e futura veterinaria está segura de
                                                                 que a motivación e o orgullo que a caracterizan
               Granxa O Caxigo incorpora unha explotación        teñen a súa orixe na actitude tan aberta que
               de leite de vacún e outra de vacas de carne. A    sempre amosaron os seus pais, valorando as
               cabana de leite rolda as 70 cabezas e a de carne   cualidades desta profesión e, tamén, favorecendo
               pasa das 90. Da xestión e do día a día encár-     que ambos os dous irmáns se dedicasen ao que
               ganse os seus pais e agora tamén o seu irmán,     máis lles gustase.
               enxeñeiro agrícola, e ela.
                                                                    Síntome moi orgullosa de dedicarme a
                      Do meu paso por Irlanda aprendín            esta profesión. Os nosos pais sempre nos
                    que nós facemos as cousas igual de            animaron a que nos preparásemos para
                     ben ou mellor pero eles teñen unha                      aquelo que máis nos gustase
                consideración social que aquí non temos
                                                                 En canto ao futuro da granxa, avanza ilusionada
               Nerea síntese orgullosa de dedicarse a esta profe-  que están traballando nun proxecto de amplia-
               sión e pensa que así o debería sentir e manifestar   ción moi ambicioso, cun investimento que se
               toda persoa que se dedique a este ámbito para     pode aproximar ao millón de euros e co que
               darlle a consideración social que merece. Da      van pasar de ter vacas en pastoreo a intensivo,
               súa experiencia en Irlanda, onde estivo varias    ampliando a cabana gandeira a 120 vacas en
               semanas aprendendo, trouxo principalmente         muxidura, con dous robots de muxido, o que vai
                                                                 supoñer un cambio importante na xestión, pero
                                                                 tamén máis tempo libre ao prever a xeración dun
           Nerea compaxina os estudos co traballo na explotación familiar de   ou dous postos de traballo.
                                        vacas de carne e leite.
                                                                 Nerea recoñece que teñen unha gran vantaxe
                                                                 con respecto a outros gandeiros e é que na súa
                                                                 zona hai pouca actividade agrogandeira, o que
                                                                 lles permite ter acceso a unha importante base
                                                                 territorial: actualmente teñen dispoñible arredor
                                                                 de 80 hectáreas entre terreo propio, alugado ou
                                                                 cedido.

                                                                                                        Nº 155 Outubro 2021
   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46