Page 36 - revista agaca 153_web
P. 36

36

               tendencias

                             Un ano de colleita de uva récord




               Con máis de 73 millóns de quilogramos de uva recollidos nas Denominacións de Orixe galegas
               a mediados de outubro a vendima 2021 superou con creces á de 2020 (cando se recolleron
               60,4 millóns de kilos), a pesar das dificultades para atopar man de obra cualificada que, ao
               longo dos meses, reportaron moitas adegas.

               A Denominación de Orixe Ribeira Sacra (que        En canto a Valdeorras, colleitou 7.097.379 kilos. A
               conta con 93 adegas inscritas) culminou a reco-   variedade de uva máis abundante é a godello,
               llida de uva o 20 de outubro con 6.545.331 kilos,   da  cal  se  recolleron  4.333.760  quilogramos.
               sendo a variedade mencía a máis abundante nas     O total supera nun 30% á vendima anterior. O
               tintas (superou os 5,2 millóns de kilos) e a godello   Consello Regulador indica que a calidade da
               nas brancas (589.566 kilos). As cifras supoñen que   uva é óptima. Suman 43 adegas inscritas.
               non só supere os 5.244.049 recollidos en 2020,
               senón que a vendima deste ano sexa a terceira     O Ribeiro suma 41 adegas e 51 colleiteiros.  A
               maior da historia da Denominación de Orixe.       campaña 2021 sumaba, a falta de contrastar cifras
                                                                 coas declaracións dos viticultores, 9.928.332 kilos.
               Ao sur, a Denominación de Orixe Monterrei         O 49% da uva pertence á variedade treixadura, «a
               pechou oficialmente a vendima cunha «colleita     raíña» da Denominación de Orixe, segundo Juan
               histórica»: 6.231.057,5 quilogramos, medio millón   Casares, o seu presidente, quen indicou que tanto
               máis que en 2020. As brancas son as variedades    o estado sanitario da uva coma a súa calidade
               principais  de  Monterrei,  con  4.229.604  kilos.   son «excelentes».
               Dende o Consello Regulador indican que os
               resultados son excelentes a nivel cuantitativo    En canto a Rías Baixas, continúa a ser a Denomi-
               debido ao aumento paulatino da base territorial   nación de Orixe máis grande de Galicia. A falta de
               amparada e, acerca das circunstancias climato-    sumar as cantidades de pequenas adegas que,
               lóxicas, reportan condicións atípicas e destacan   no momento de escribir este artigo non rema-
               o traballo duro dos viticultores para que o froito   taran a vendima, o Consello Regulador reportaba
               entrase en adega en estado óptimo. Monterrei      uns  resultados de  43,7  millóns  de  quilogramos,
               ampara 27 adegas.                                 cifra moi superior aos 34,5 da campaña 2020.
   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41