Page 37 - revista agaca 153_web
P. 37

37

                                                                                               tendencias

                 AGACA e Vegalsa repiten convenio en favor da


                 comercialización de produtos de horta galegos




                                                                 Por  outra  banda, aproveitando  a  presenza de
                                                                 Silvestre J. Balseiros, director xeral de Gandaría,
                                                                 Agricultura e Industrias  Agroalimentarias, Rodrí-
                                                                 guez solicitou o apoio da Consellería do Medio
                                                                 Rural para que o «Plan de Modernización de
                                                                 Invernadoiros»  do  Ministerio  de  Agricultura  se
                                                                 adapte ás particularidades produtivas de Galicia,
                                                                 condicionadas pola orografía e minifundismo,
                                                                 de forma que as axudas públicas contemplen
                                                                 os pequenos invernadoiros, dunha dimensión
                                                                 mínima de 1.000m2, fixando a explotación mínima
                                                                 nos 3.500m2 da explotación final.
               Carmen Rodríguez, presidenta de AGACA; Silvestre J. Balseiros, director
               xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e Joaquín   A presidenta da Asociación Galega de Coopera-
                   González, director xeral de vegalsa- Eroski asinando o convenio.  tivas Agroalimentarias destacou tamén o papel
                                                                 «clave» que desenvolven as mulleres na produ-
               A Feira Internacional Abanca Semana Verde de      ción hortícola galega, xa que «máis dun 60% das
               Galicia foi, un ano máis, o escenario onde AGACA   persoas socias das cooperativas de horta de
               e a compañía de distribución  Vegalsa-Eroski      Galicia son mulleres».
               formalizaron o 9º convenio de colaboración polo
               que a distribuidora se compromete a comercia-     Vegalsa-Eroski destinou 1.520.000 euros a compras
               lizar produtos de horta de calidade diferenciada,   de produtos agrarios de calidade diferenciada,
               provenientes de cooperativas integradas en        un compromiso polo valor da horta galega no
               AGACA: Horsal, que coordina e integra operativa-  que a compañía asegura que seguirá investindo
               mente a socios de Clun, e Horta de Galicia, que   tras indicar un crecemento en volume de compra
               recibe produción de Horsal, Porta do Río Miño e   do 20% respecto a 2020, cunha previsión de
               Postoiro e que, en conxunto, no último ano, ache-  compra  a  peche  de  ano  de  aproximadamente
               garon 27 referencias propias da horta galega      1.750.000 euros.
               completando un total de 1,6 millóns de quilos de
               produtos agrarios.                                Os alimentos máis demandados para consumo
                                                                 foron: leituga (27%), pemento (18%), feixón (13%),
                                                                 tomate (14%) e cebola (8%), repartíndose a
                  Os produtos das cooperativas de horta
                                                                 porcentaxe restante entre nabiza-grelo, cabaciña,
                       de Galicia garanten proximidade,          cogombro, repolo, porro e cabaza. Segundo
                       frescura, seguridade alimentaria e        a marca, tamén tiveron moi boa acollida os
                                                                 produtos de «IV Gama Gallega» que se come-
                         estabilidade no abastecemento
                                                                 zaron a vender en tendas de Vegalsa-Eroski en
                                         Carmen Rodríguez        agosto de 2020, froito da colaboración coa
                                                                 cooperativa Horsal.
               No acto público da rúbrica, a presidenta de
               AGACA, Carmen Rodríguez, lembrou que «os
               produtos das cooperativas de horta de Galicia
               garanten proximidade, frescura, seguridade
               alimentaria e estabilidade no abastecemento» e
               expresou satisfacción polo incremento na submi-
               nistración dos produtos neste último ano e pola
               traxectoria da campaña con Vegalsa-Eroski, que
               reflicte a «aposta polo cooperativismo» de horta
               da cadea, destacando o auxe da produción
               ecolóxica e da IV Gama.

                                                                                                        Nº 155 Outubro 2021
   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42