Page 42 - revista agaca 153_web
P. 42

42

               Especial mocidade



                          «Os animais fan que me sinta realizada»








                                                                 A familia de Lidia dedícase ao vacún de
                                                                 carne, un subsector que, a raíz da crise
                                                                 sanitaria actual, está  pasando por dificul-
                                                                 tades, xa que a hostalería era o mercado
                                                                 preferente para esta carne. Aínda así, Lidia
                                                                 é optimista e pensa que hai futuro no
                                                                 sector. A día de hoxe, compaxina o traballo
                                                                 nunha farmacia co que desenvolve na
                                                                 granxa familiar á que espera incorporarse
                                           Lidia Iglesias estudou un   a medio prazo.
                                        Ciclo Superior de Gandería e
                                       Asistencia en Sanidade Animal

               Dende nena viviu cos animais e son a súa vida.     Eu vexo máis doado emprender aquí, no
               A explotación familiar,  en Guitiriz, conta con 40   campo, que montar un tenda. Se isto che
               cabezas de gando e un cebadeiro con 180-200                  gusta, hai moitas posibilidades
               animais por ano. Gustaríalle ampliar o cebadeiro
               ata chegar a 1000 cabezas e probar a introdu-
               cirse tamén na apicultura, aínda que como un      Con 23 anos, esta moza está plenamente conven-
               complemento. De momento, recoñece que non         cida das posibilidades de desenvolvemento profe-
               sería  viable  incorporarse  a  explotación  familiar   sional que ofrece o ámbito rural, sobre todo se
               e dedicarse en exclusiva á actividade gandeira:   estás motivado: «Eu vexo máis doado emprender
               «Son momentos moi malos para o vacún de           aquí que montar un tenda. Se isto che gusta, hai
               carne, pola pandemia», pero asegura que ese       moitas posibilidades porque, ademais, os que
               momento chegará.                                  quedamos é porque o queremos de verdade».

               Como ocorre en máis casos, a pesar de ter claro             Á Administración pediríalle que
               que a súa profesión ía ser a gandeira, deixouse
               aconsellar e desprazouse á Coruña para estudar                         poña os pés na terra
               un Ciclo de Farmacia e Parafarmacia despois do
               que decidiu estudar o Ciclo Superior de Gandería   Por outra banda, á Administración pediríalle que
               e  Asistencia  en  Sanidade  Animal.  Actualmente   «poña os pés na terra» porque, segundo sinala,
               combina ambas as profesións e iso permítelle vivir   as medidas que acomete non se adaptan á
               de xeito independente, aínda que moi preto da     realidade galega e pon como exemplo o caso
               familia, xa que é un piar imprescindible na súa   do lobo, cuxa caza pretende prohibirse «a pesar
               vida.                                             dos grandes problemas que está provocando cos
                                                                 ataques ao gando en Galicia» .
               Un dos aspectos que máis valora de traballar no
               rural é a conciliación familiar e poder estar cerca
               de familia. Conta como anécdota que sempre
               recorda como, de nena, tras ser diagnosticada
               como diabética, súa nai ía todas as mañás ao
               colexio para ver que se inxectaba ben a insulina.
               Ese detalle fíxolle ver a gran vantaxe que supón
               traballar para un mesmo e poder adaptar os
               horarios para atender as necesidades familiares.
               Lidia asegura, ademais, que traballar xuntos une
               moito á familia.
   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46   47