Page 47 - revista agaca 153_web
P. 47

47

                                                                                                    novas
                   Carmen Rodríguez, presidenta de Mulleres de

                         Seu, de Clun, premio «Mujer Agro 2020»


               A actual presidenta da asociación  Mulleres de Seu, e
               vicepresidenta de Nós, as Mulleres (Asociación Galega
               de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias)  recibía,
               a mediados de abril, o premio «Mujer Agro 2020» conce-
               dido por  Axencia Siete  Agromarketing e eComercio
               Agrario, polo seu papel como impulsora do proxecto
               Mulleres de Seu e a súa traxectoria na cooperativa Clun.
               Nunha gala celebrada en Mercamadrid, a III edición
               destes premios desenvolveuse cun formato híbrido
               presencial-online, no que participaron numerosos
               representantes do sector e autoridades de referencia no
               panorama nacional. O xurado destacou a «altísima calidade»  da vintena de candidaturas presentadas nas
               cinco categorías concorrentes: Muller, Emprendemento,  Empresa, Home e Xuventude.
               Con esta acción recoñécese a Rodríguez como exemplo de apoderamento da muller e de impulso á  igual-
               dade no sector agroalimentario xa que os premios Mujer AGRO, xunto ao resto de accións do Proxecto Mujer
               AGRO, baixo o lema «A igualdade é tarefa de tod@s», teñen como obxectivo visualizar ás mulleres e empresas
               que  traballan pola igualdade agroalimentaria e poñer en valor á muller agroprofesional, cuxo papel  é cada
               vez máis significativo.



                           Aira inviste máis de 1,5 millóns de euros

                                       no parque de maquinaria


               A cooperativa agrogandeira Aira, con sede central en Taboada (Lugo), adquiriu, entre outros equipos, tres
               colleitadoras,  oito  segadoras,  oito  tractores  e  10  remolques  nun  proceso  de  renovación  e  ampliación  do
               seu parque de maquinaria. A operación permítelle
               incrementar os servizos á súa base social coa crea-
               ción de dous novos puntos con equipos básicos de
               maquinaria fixa en Sarria e Guntín e aumentarán as
               prestacións para Silleda.
                A compra da maquinaria, que comezou a fraguarse
               a finais do pasado ano, supón un investimento de
               máis de 1,5 millóns de euros e implica tamén a
               contratación de oito persoas.


                     BASF e AgBiome traballan conxuntamente para
                                lanzar un novo funxicida biolóxico



                                                BASF e  AgBiome asinan un acordo para traer un novo funxicida
                                                biolóxico ao mercado europeo e en países clave de Oriente Medio
                                                e África. Este  funxicida con múltiples modos de acción ten función
                                                preventiva e duradeira sobre unha ampla gama de enfermidades
                                                do chan e  foliares e o seu uso estará dispoñible para horta, plantas
                                                ornamentais e céspede.

                                                Os primeiros lanzamentos agárdanse para 2024/ 2025.



                                                                                                        Nº 153 Maio 2021
   42   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52