Page 46 - revista agaca 153_web
P. 46
46
novas
VEGALSA-EROSKI e CRUZ VERMELLA GALICIA
renovan alianza
A compañía de distribución alimen-
taria Vegalsa-Eroski e Cruz Vermella
Galicia repiten, por sexto ano consecu-
tivo, a colaboración para promover a
empregabilidade a través da formación
práctica na empresa.
Esta acción oriéntase a participantes do
Programa Operativo de Inclusión Social
e Economía Social, do Programa Opera-
tivo de Emprego Xoven e do Programa
de Inserción Laboral para a Mellora da
Empregabilidade de persoas solicitantes
de asilo e protección internacional.
Dende o inicio deste convenio participaron 159 usuarios de Cruz Roja Galicia, sumando 43 novas
incorporacións ao cadro de persoal de Vegalsa-Eroski. No último ano (dende o inicio de 2020 ata a
actualidade), leváronse a cabo 17 formacións dirixidas a un alumnado de 67 persoas, sumando 11
novas incorporacións ao equipo humano da distribuidora alimentaria.
Agroseguro pecha 2020 alcanzando cifras históricas
A Xunta Xeral de Accionistas de Agrose-
guro, celebrada o 31 de marzo, aprobou
as Contas Anuais e o Informe de Xestión
do exercicio 2020 presentando cifras que
cualifican de históricas, como o valor da
produción asegurada que alcanzou os
15.214 millóns de euros, un 6,71% máis que
en 2019, a través da subscrición de 415.975
pólizas (un 4,76% máis que en 2019).
A sinistralidade do ano 2020 creceu un
0,71% respecto a 2019, ata situarse nos 633
millóns de euros. Iso sitúa o cociente de
sinistralidade do exercicio sobre as primas
de risco no 99,6%, nunha situación moi próxima ao estrito equilibrio. Dende o punto de vista das indemniza-
cións satisfeitas, trátase do cuarto exercicio consecutivo por encima dos 600 millóns. O ano 2012, con 767
millóns, mantense como o de maior sinistralidade da historia.
En 2020 atendéronse máis de 1,6 millóns de sinistros, dos que 91.432 corresponderon a producións agrícolas
e preto de 92.744, a gandeiras, ao que se engaden os máis de 1,4 millóns de servizos de retirada e destrución
de animais mortos na explotación.
En resumo, Agroseguro pechou por segundo ano consecutivo en positivo en 2020, por importe de 8,92 millóns
de euros. Iso débese ao bo comportamento dos tres grupos de liñas de seguro: viables –cun resultado técnico
de 1,8 millóns–, experimentais –cun resultado técnico de 4,59 millóns– e seguros de retirada –cun resultado
técnico de 2,53 millóns.
O sistema español de Seguros Agrarios Combinados ofrece cobertura ao sector agrario fronte aos danos
causados nas producións agrícolas e gandeiras por sinistros de diversa natureza.