Page 44 - revista agaca 153_web
P. 44

44

               cooperatic

                 Utiliza o móbil como lector de DNI electrónico





               Todos os novos documentos nacionais de identidade contan con tecnoloxía que permite que os usemos
               para identificarnos dixitalmente e realizar diferentes trámites administrativos na Rede.  Imos aprender
               como utilizalo co móbil Android, que debe ter tecnoloxía NFC (podemos pescudar isto no menú de
               axustes do teléfono).
                Que necesitas?

               Un móbil Android con tecnoloxía NFC, un ordenador, un DNI electrónico,  o sobre co PIN que nos entre-
               garon na Policía xunto co DNI.

               1º              Descargamos e instalamos no móbil a

                               APP denominada «Lector de DNIe para
                               PC, usando el móvil». Para asegurar que
                               descargamos a correcta en Google Play,
                               debemos comprobar que o fabricante
                               sexa CNP-FNMT.


               2º              Ao abrir a App, indicará que necesitamos instalar no ordenador o software DNIeRe-


                               mote. Temos dúas opcións: ou ben o descargamos ao ordenador dende a web oficial
                               do Corpo Nacional de Policía, ou ben permitimos que a App o descargue no noso
                               teléfono e, despois, nós transferirémolo ao ordenador.
   39   40   41   42   43   44   45   46   47   48   49