Page 49 - revista agaca 153_web
P. 49

49

                                                                                                    novas
                    ABANCA reafirma o seu compromiso co agro nun

                                     Encontro dixital sobre a PAC


               «Considerando o volume de financiamento que dedicamos ás actividades agroalimentarias en relación co
               volume total dirixido a actividades produtivas, ABANCA é unha entidade máis orientada ao sector primario
               que a media do sector financeiro», indicou o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, no discurso
               de apertura do encontro dixital dedicado á  próxima reforma da Política Agraria Común da Unión Europea,
               desenvolvido a finais de marzo e onde reafirmou o compromiso da entidade co sector primario.
               Higinio Mougán, director xerente de AGACA indicou que «o sector vai ter que realizar un esforzo de adaptación
               aos novos requisitos ambientais".
               Ignacio Atance, subdirector xeral de Planificación de Políticas Agrarias do Ministerio de Agricultura Pesca e
               Alimentación, sintetizou as características da futura PAC nunha "maior orientación ao rendemento e aos resul-
               tados tanxibles, e menos ao cumprimento e ás normas; un novo método de traballo, a través dun único plan
               estratéxico que abarque as axudas directas, as medidas de desenvolvemento rural e os programas sectoriais;
               unha maior ambición en canto ao medio ambiente e á acción polo clima; e un trato máis equitativo mediante
               unha maior orientación ás pequenas e medianas explotacións familiares".

               Jorge Piñeiro, subdirector xeral de Xestión PAC da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, situou os
               obxectivos de Galicia ante a reforma da PAC en "manter un nivel de apoio á renda dos agricultores similar ao
               período actual e en avanzar cara a unha redistribución de axudas cunha maior equidade na repartición e un
               maior apoio aos pequenos e medianos produtores".
               O conselleiro do Medio Rural, José Gonzállez, pechou o acto
               destacando a importancia de entidades financeiras como
               ABANCA na xestión destes fondos europeos e lembrou que
               grazas á súa implicación moitos agricultores e gandeiros
               galegos puideron percibir o anticipo das axudas da PAC xa
               no verán pasado, para inxectarlles liquidez debido á emer-
               xencia sanitaria.




                SIGFITO promove GIRA, plataforma participativa para

                                   solucionar os residuos agrarios


               O proxecto para a Xestión dos Residuos Agrarios (GIRA) créase co obxectivo de ser a primeira plataforma do
               mundo rural que promova iniciativas para ofrecer solucións á xestión dos residuos que se xeran no ámbito
               agropecuario.
               Neste momento, o proxecto GIRA, que conta xa co apoio do Ministerio de Agricultura e do Ministerio para a
               Transición Ecolóxica, está integrado por Cooperativas Agro-alimentarias de España e as principais Organiza-
               cións Profesionais Agrarias, ASAJA, COAG e UPA, como repre-
               sentantes e coñecedores de primeira man da actividade
               agraria e, polo tanto, dos problemas aos que se enfrontan
               os produtores coa xestión dos residuos. O seguinte paso é
               complementar a experiencia do sector agrícola coa de
               axentes representativos do sector ambiental.
               A través da web www.proyectogira.org irase engadindo
               información sobre a análise dos residuos agrarios e a identi-
               ficación dos fluxos máis problemáticos e que poden estar a
               carrexar un risco ambiental. Ademais, informará de solucións
               e iniciativas que se poidan exportar como experiencias
               piloto de recollidas de residuos ou calquera iniciativa que se
               acorde nas reunións da plataforma.


                                                                                                        Nº 153 Maio 2021
   44   45   46   47   48   49   50   51   52