Page 39 - revista agaca 153_web
P. 39

39

                                                                                               tendencias


               Ademais, como novidade neste lanzamento o
               envase incorpora un novo sistema de peche con
               tapón feito a partir residuos forestais. Todo o plás-
               tico que se utiliza é de orixe vexetal, pero dunha
               fonte sostible, neste caso conseguido a través de
               converter parte do residuo da madeira de pino
               do norte de Europa nun polímero.

                              É un produto 100% sostible,
                   medioambien talmente responsable e
                                              renovable.

               Trátase, por tanto, dun leite no que, tanto o seu
               contido como o continente están compensados
               a cero. É un produto 100% sostible, medioambien-
               talmente responsable e renovable.

                Sustentabilidade e benestar animal

               Con este novo fito, leite  Únicla continúa avan-
               zando no seu compromiso coa sustentabilidade
               sendo pioneira tanto neste campo como no de
               benestar animal. Dende o seu lanzamento hai
               xa máis dunha década, as súas granxas foron as
               primeiras explotacións  europeas certificadas en
               seguridade alimentaria no ano 2010; as primeiras
               en Galicia en lograr a certificación en Benestar
               Animal en 2016, e as primeiras en reducir un
               20% a súa pegada de carbono en 2017, cando
               ademais se converteu no primeiro leite en usar
               o formato  Elopak  Pure-Pak®Sense Aseptic para
               lácteos de longa vida que  contribuía á reciclaxe
               grazas ao seu sistema de pregado. En 2018, foi
               a primeira láctea española con certificación
               Carbón Neutral  no envase, e en 2019 lanzou o
               primeiro envase 100% reciclable e un 86% vexetal.


                      Foi a primeira láctea española con
                 certificación Carbón Neutral no envase,         Hoxe, no 2021  continúa a súa aposta sostible
                                                                 sendo a primeira láctea en conseguir compensar
                e en 2019 lanzou o primeiro envase 100%          a cero todas as emisións que se producen en
                              reciclable e un 86% vexetal.       toda a elaboración do seu produto final.



















                                                                                                        Nº 153 Maio 2021
   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43   44