Page 38 - revista agaca 153_web
P. 38

38

               tendencias

                    Únicla enteiro é o primeiro leite no mundo


                                   con cero emisións de CO
                                                                                    2


               O leite Únicla da cooperativa CLUN é dende
               este ano o primeiro con cero impacto
               ambiental, un fito que se traslada aos
               consumidores a través dos seus envases
               incorporando o selo Únicla Cero Emisións
               e a mención á compensación do 100% das
               mesmas restaurando bosques queimados.

               Para iso, a cooperativa formalizou en
               decembro do pasado ano coa Fundación
               ARUME a primeira alianza de carácter
               privado entre o sector forestal e o agrogan-
               deiro para a restauración ambiental dos
               montes galegos afectados por incendios
               a través da plantación de especies autóc-
               tonas.

                Compromisos dende o campo e os
                envases

               Para facer realidade o seu plan de cero emisións,
               CLUN traballou dende o campo na compensa-
               ción da pegada de carbono comprometéndose
               coa asociación forestal  ARUME para  replantar
               bosques españois queimados nos incendios do
               2017.

                           Na estratexia medioambiental
                         considérase de máximo interese
                    colaborar na restauración dos terreos
                                 degradados en Galicia


               A alianza coa Fundación ARUME é unha alianza
               histórica entre o sector agrogandeiro e forestal.
               Na estratexia  de ÚNICLA no  seu piar medioam-
               biental consideran de máximo interese colaborar
               na restauración dos terreos degradados en
               Galicia coa execución de proxectos forestais
               sostibles no tempo e que permitan, ademais, a     O leite Únicla é unha aposta decidida nesta liña
               compensación de gases de efecto invernadoiro      de sostibilidade non só no leite, senón tamén no
               en beneficio de toda unha comunidade. De aí       envase que o transporta; por iso, en colaboración
               que manifesten o seu compromiso de contribuír a   con  Elopak, emprega un envase Carbón Neutral
               alcanzar os obxectivos de descarbonización que    que, ao igual que o leite, ten compensadas a
               teñen formulados en Galicia, colaborando no       cero todas as emisións que se producen na súa
               desenvolvemento da xestión sostible do espazo     elaboración.
               rural galego.
   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43