Page 36 - revista agaca 153_web
P. 36

36

               tendencias


                           Avespa Velutina. É  a hora




               Sabemos que a velutina é unha
               especie invasora perigosa para o
               hábitat galego e mesmo para as
               persoas; carece de inimigos naturais
               e cría centos de nais por cada niño
               á diferenza das avespas locais que
               apenas chegan á  ducia. Comezan
               a saír do seu letargo invernal dende
               marzo e, por iso, se non trampeamos
               axiña teremos centos de niños
               en cada concello que xerarán
               problemas e mortes de colmeas
               ao tempo que risco de morte para
               persoas alérxicas, coas defensas
               baixas ou mesmo con hipersensibi-
               lidade anafiláctica.


               O risco xerado pola Avespa velutina negritorax é   Para evitar riscos non debe haber ningún niño a
               moi superior ao das avespas autóctonas. Non fai   menos de 100 metros das vivendas e iso só  se
               falla chegar ao niño para enrabialas: reaccionan   acada instalando un par de trampas achegadas
               ao balbordo ou ás vibracións e son máis agre-     ás  casas  entre  os  meses  de  marzo  a  xuño:  só
               sivas na contorna dos seus niños; atacan máis a   deste xeito aseguramos a eliminación de todas
               un tempo, con meirande teima e, polo seu grande   as raíñas de paso e os niños primarios existentes
               porte, inxectan máis veleno.                      nun radio mínimo de150 metros.

               Cando trampear                                     Como realizar un trampeo eficaz e
                                                                  eficiente
               A captura de raíñas de velutina faise dende
               marzo ata rematar maio, coincidindo coa fase      Non todas as raíñas velutinas saen ao mesmo
               de construción e actividade do niño primario e    tempo do letargo invernal, pero sabendo que as
               tamén de setembro a decembro, coincidindo co      primeiras saíron en marzo, debemos encetar o
               nacemento de novas raíñas para a hibernación.     trampeo lembrando que «raíña capturada, niño
                                                                 evitado».
                    A mensaxe é clara: Se non queres un
                                                                 Onde colocar as trampas
                      niño de velutina preto da túa casa,
               coloca un par de trampas caza-raíñas na           •  En lugares soleados, porque o arrecendo do
                                                                    líquido  atraínte difúndese  mellor  canto  máis
                                         horta ou xardín
                                                                    quente estea.

               Un trampeo eficaz e eficiente non se limita a     •  Arredor dos niños do derradeiro ano que non
               colocar unhas poucas trampas, é necesario            fosen eliminados antes de setembro (un gran
               organizarse e implicar a toda a xente do rural.      número de raíñas invernaron preto e buscarán
                                                                    mantenza na contorna). Colocaranse nun
                                                                    radio de 100 -150 m dos niños. Se deixan de
                Para evitar o gran risco dun niño próximo
                                                                    caer exemplares de velutina, cómpre reco-
                 ás vivendas faise imprescindible colocar           locar as tramas uns 150 m para que volvan ser
                dúas trampas en cada horta ou xardín e              eficaces.
               non debe haber ningún niño a menos de
                                                                 •  Nun radio de 100 m arredor das alvarizas.
                                          100 m da casa             Durante a primavera non se deben situar
   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41