Page 43 - revista agaca 153_web
P. 43

43

                                                                                       Especial mocidade

                 «O sector primario nunca vai desaparecer. Faltarán

                  coches ou móbiles pero nunca o sector primario»



                                                               Marcelino García di
               Marcelino García é  gandeiro por vocación       que non cambia este
               e por elección. A súa familia ofreceulle a      traballo por nada
               posibilidade de estudar o que quixese;
               nunca o condicionou en contra de dedi-
               carse á  gandería, sempre o apoiaron,
               e el decidiu prepararse para ser mellor
               gandeiro. Vén de rematar o Ciclo Superior
               de Gandería e  Asistencia en Sanidade
               Animal na EFA Fonteboa, en Coristanco,
               onde xa estudara o seu pai, e como tantos
               compañeiros  e  compañeiras, ten  previsto
               incorporarse   á   explotación    familiar:
               Gandería San Martín, dedicada ao vacún
               de leite. Como explotación, ademais, son
               socios dunha pequena cooperativa, San
               Martín de Ozón, que se dedica á  negocia-          Os gandeiros estamos orgullosos de selo
               ción e comercialización do leite, e dunha
               CUMA, Virgen del Pilar.                                                   e cada vez, máis

               Non cambia este traballo por nada. Goza da        Amósase menos positivo cando acusa unha
               liberdade de traballar ao aire libre e de non sentir   excesiva burocracia ante as necesidades de
               estrés. Gústalle manexar maquinaria, vivir no rural   crecemento das explotacións, demanda menos
               e ter a familia cerca e afirma non ter dubidado   trabas e máis axilidade fronte aos trámites
               nunca de que isto era o que quería ser de maior.   administrativos. Percibe que falta man de obra
               Agora, con 20 anos e finalizados os estudos,      cualificada e recoñece: «Hai futuro pero hai moita
               prepara a súa incorporación de forma regrada.     marxe de mellora para ser rendibles e competi-
                                                                 tivos».
               Na explotación traballan seu avó, seus pais e dous
               empregados, o que xa lles permite contar, dende
               hai tempo, cun día libre á  semana. Entre os seus
               obxectivos profesionais, aspira a incrementar a
               produción, reacondicionar as instalacións para a
               recría e reducir os custos sendo o máiis competi-
               tivos posible, conseguindo mellorar as condicións
               económicas e organizativas de xeito que, igual
               que os demais, seus pais tamén poidan desfrutar
               de vacacións, algo que ata o momento non foi
               posible.

               Marcelino ten moi claro que o rural ten futuro:
               «Vexo o futuro de xeito moi optimista». Manifesta
               sentirse orgulloso de dedicarse a esta profesión,            GANDERÍA SAN MARTÍN
               algo no que di coincidir con moitos dos seus
               compañeiros e compañeiras de estudos.  Ten           •  Cabana: 270 vacas.
               claro que o rural non vai desaparecer nunca:         •  2 muxidos diarios: 5000 litros.
               «Poden desaparecer os coches ou os móbiles           •  152 vacas en produción e o resto recría.
               pero nunca o sector primario». Dende a súa expe-     •  Terras: 100 ha de cultivo, 60 ha
               riencia percibe moita ilusión entre a mocidade e        dedicadas a millo.
               indica: «Os gandeiros estamos orgullosos de selo
               e cada vez, máis».                                   •  Contan con máis terreo, antes dedicado
                                                                       a monte, aínda sen reacondicionar.


                                                                                                        Nº 153 Maio 2021
   38   39   40   41   42   43   44   45   46   47   48