Page 44 - revista agaca 151_web
P. 44
44
cooperatic
Falemos, hablemos, let’s talk!
Ofrecemos varios recursos útiles para traducir textos, palabras ou documentos. Ollo! Convén revisar sempre o
documento traducido: ás veces os tradutores automáticos non teñen en conta o contexto e poden devolver
traducións con defectos.
Español/Galego
GAIO: http://tradutorgaio.xunta.gal/
A Xunta de Galicia creou este tradutor automático que pasa textos entre español e galego e entre galego e
portugués (e viceversa). Non permite subir documentos, así que debemos copiar e pegar o texto.
bUSCatermos: https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/terminoloxia/buscatermos.html
A Universidade de Santiago de Compostela desenvolveu
o bUSCatermos. É unha base de datos terminolóxica que
recolle contido de varias fontes (compendios de vocabu-
lario e léxico, glosarios, dicionarios...) e permite consultar
definicións e traducións de palabras en varios idiomas,
aínda que depende de cada palabra. No exemplo,
podemos ver que o termo español «humedal» figura en 8
idiomas.
Deputación de A Coruña: http://tradutor.dacoruna.gal/
Ofrece un tradutor entre os idiomas español e galego, principalmente. Ademais, ofrece pares coma galego/
inglés ou galego/portugués (e viceversa); dende español, traduce a catalán, inglés, francés e portugués (e
viceversa).
Permite traducir texto copiado e pegado, páxinas web (mediante a ligazón) e tamén subir documentos, que
devolve no mesmo formato (recoñece 8 formatos, entre eles Doc e Docx, de Word).
Outros idiomas
GOOGLE Translate: http://translate.google.es/
É probablemente o servizo máis coñecido. Ofrece
arredor dun centenar de idiomas. Permite copiar e
pegar texto e tamén documentos en varios formatos
de Microsoft Office e PDF. Para iso, prememos en
«Documentos» e «Explorar ordenador» para localizar
o arquivo. Google recoñecerá automaticamente
o idioma orixinal (na columna esquerda) e deixa-
ranos escoller o de chegada (na columna dereita).
Premendo «Traducir» obteremos un resultado, pero
debemos copiar e pegar o texto da pantalla pois
non devolve un documento.
Ademais, nalgúns idiomas permite escoitar o resultado.
Wordreference: https://www.wordreference.com/
É un dicionario de tradución e definicións que ofrece varios idiomas. É moi útil cando existen dúbidas da
palabra máis adecuada para un contexto ou con expresións coloquiais, pois conta con foros de discusión
onde moitas destas ambigüidades están resoltas.
Linguee: https://www.linguee.es/
Non é un dicionario de tradución como tal: busca palabras ou expresións en textos reais que xa existan
traducidos nos dous idiomas que precisamos. Así, podemos ver a expresión usada nun contexto real en cada
idioma para determinar cal se axusta máis ás nosas necesidades. Con frecuencia, os textos que usa como
fonte son oficiais: Unión Europea, universidades etc.