Page 48 - revista agaca 151_web
P. 48

48

               novas


                           O sector forestal ábrese á  colaboración

                                                 entre sectores


                 Así se puxo de manifesto no evento orga-
                 nizado por ABANCA Agro, o 15 decembro,
                 onde Sabela Oca, responsable de Inno-
                 vación, Calidade  e Seguridade Alimen-
                 taria de Cooperativas Lácteas Unidas
                 (CLUN), presentou o proxecto de colabo-
                 ración entre os sectores agroalimentario
                 e forestal a través do cal, a cooperativa
                 inicia unha actuación de compensa-
                 ción das emisións procedentes da súa
                 actividade industrial en alianza coa
                 Fundación  Arume, coa  plantación  de
                 especies autóctonas en 60 hectáreas de
                 monte afectado por incendios.

                 Na xornada, desenvolvida en formato dixital analizáronse as oportunidades de crecemento e inves-
                 timento que o sector ofrecerá nos próximos anos, apuntando á bioeconomía, á compensación de
                 emisións e á colaboración, tanto dentro do sector forestal como con outros sectores, constituíndose
                 como os principais eixos de desenvolvemento.
                 No encontro participaron tamén o conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González, e o
                 conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.







                              Bico de Xeado premiado por Agader





















               A exitosa firma Bico de Xeado, vinculada á cooperativa Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que elabora
               os seus xeados co leite obtido nas súas propias granxas, recibiu un dos oito premios Agader ás iniciativas de
               Desenvolvemento Rural, na súa XI edición, dotado cun diploma acreditativo e 10.000 euros que deberán
               reinvestir no proxecto galardoado.
               Bico de Xeado recibiu o premio na categoría de sector agrogandeiro;o resto das categorías destacadas foron
               xuventude, proxectos culturais e de recuperación patrimonial, proxectos de interese social, turismo, mulleres,
               innovación tecnolóxica, loita contra o abandono e a favor da mobilidade de terras.
               Semanas atrás a entidade recollía outro premio, esta vez, da man do Clúster Alimentario de Galicia, na VI
               entrega dos premios Galicia Alimentación, dentro da categoría de “Produto Innovador”.
   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52