Page 46 - revista agaca 151_web
P. 46
46
novas
A produción de uva de viño protexida polo seguro
agrario crece un 225% en Ourense
e supera as 9.900 toneladas
A produción asegurada de uva de viño en Ourense creceu un 225% nos últimos cinco anos segundo os datos
recollidos por Agroseguro, e alcanza as 9.900 toneladas na última colleita. O capital asegurado polas persoas
produtoras de Ourense situouse nos 8,7 millóns de euros, repartidos en 1.463 hectáreas aseguradas, un 225%
máis que en 2015.
No total da comunidade autónoma de Galicia, a produción asegurada foi de 20.378 toneladas na última
colleita, un 86% máis que en 2015. As hectáreas tamén creceron un 106% neste período, ata as 2.989 hectáreas.
Aínda que Castela-A Mancha posúe a metade da producción nacional asegurada, con 1,7 millóns de tone-
ladas, e un incremento do 22% no periodo estudado, os maiores incrementos de implantación do Seguro
Agrario de Uva de Viño producíronse no País Vasco (+111%), Galicia (+86%), La Rioja (+65%) e Castela e León
(+49%).
Viña Costeira despide o 2020 cargado de premios
A adega Viña Costeira valora positivamente os
esforzos realizados este ano para combater os
efectos da pandemia sobre as súas operacións
comerciais. Entre as estratexias desenvolvidas
para reforzar presenza no mercado atópanse
a aposta pola comercialización a través de
vías dixitais, para adaptarse a novos hábitos
de consumo, e unha forte aposta pola interna-
cionalización. Así, Viña Costeira está presente
en 26 países e considera a exportación «clave
para construír un futuro sólido».
A nivel internacional, a cooperativa recibiu
este ano 17 galardóns, repartidos en varios
certames: o International Wine Challenge (7 premios), o Mundus Vini (3 premios), o Concours Mondial Bruxe-
lles (2 premios) e o Decanter (5 premios).
Ademais, a adega continúa a lanzar novas marcas entre elas o Meu Treixadura (monovarietal) e o Tamborá
(monovarietal godello), receptores de varios dos premios antes mencionados. Tamén a marca Pazo, que
cumpriu recentemente 50 anos, saca o Pazo Burbujas del Camino, un espumoso dedicado ao Camiño de
Santiago.
Xunto con esas marcas, para apoiar ao sector hostaleiro, Viña Costeira estreou unha edición especial do seu
viño, chamada Amor de Bares, consistente na doazón de 100.000 botellas, repartidas a distribuidores habituais
da entidade. Nas súas instalacións, a adega continúa a ofrecer experiencias coma as visitas enoturísticas, os
concertos do festival Costeira Sonora e o evento culinario Noite das Perseidas.