Page 49 - revista agaca 151_web
P. 49
49
novas
Guías e premios corroboran a calidade de
Condes de Albarei
Os viños de Condes de Albarei recibiron en 2020 máis de
90 puntos en guías especializadas do sector, entre as que
se contan: La Semana Vitivinícola (valorou Albariño con
95 puntos e En Rama con 98), Vivir el Vino (92 puntos para
Albariño, 95 para Albarei Ainé e 96 para Albarei Orixe), ABC
(91 puntos para Albariño e 93 para Carballo Galego), Guía
del Vino Cotidiano (incluíu Albariño no cadro de honra),
Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia (concedeu
Ouro a Enxebre e Carballo Galego e Gran Ouro a Albarei
Orixe), Proensa (92 puntos a Enxebre e En Rama) e Peñín
(93 puntos para Carballo Galego, 92 para En Rama e 90
para Albarei Ainé) e Gourmets (90 puntos a Albarei Ainé).
Recibiron ademáis premios en certames coma Bacchus,
International Wine Challenge e Decanter World Wine
Awards.
A adega Pazo Baión superou tamén 90 puntos con varias
marcas: co Albariño en ABC, Peñín e La Semana Vitivinícola
e Ouro na Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia. O Pazo Baión Gran a Gran logrou 94 puntos en
Gourmets e 92 en Peñín, mentres que Pazo Baión Vides de Fontán foi recoñecido en Proensa, Vivir el Vino, Peñín,
La Semana Vitivinícola e Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia.
Coren dona 80.000 quilos de alimentos
Dende a chegada da Covid-19 Grupo Coren implicouse en
paliar os efectos da crise económica que resultaron na falta
de alimentos para moitos colectivos e familias. A cooperativa
colabora con máis de 30 institucións sociais e sanitarias e
respondeu solicitudes de achegas de produtos alimentarios,
sumando máis de 80.000 quilos de artigos entre frescos,
conxelados e conservas.
Así, Coren doou 320.000 racións de alimentos a entidades
coma Cruz Vermella, Cáritas, Banco de Alimentos, Remar,
residencias de maiores, comedores sociais ou asociacións
veciñais, xunto con achegas de materia prima para elaborar
menús de profesionais sanitarios do Hospital La Paz ou o
hospital de campaña en Ifema.
Por outra banda, entre marzo e maio, Coren doou 35.000 unidades de protección sanitaria a hospitais e
residencias, principalmente.
Nº 151 Decembro 2020