Page 47 - revista agaca 151_web
P. 47

47

                                                                                                    novas

                                       «Vicius», de Viña Almirante,
                                    Acio de Prata na categoría de

                                 Elaboracións con Madeira Branco



               Como cada ano, a Xunta entregou os premios das
               Catas de Galicia correspondentes ás cinco D.O.
               galegas. O viño «Vicius», da cooperativa  Viña  Almi-
               rante gañou o segundo premio e obtivo o Acio de
               Prata correspondente á D.O. Rías Baixas.

               Participaron, nesta ocasión 116 mostras pertencentes
               a 46 adegas inscritas a este selo de calidade.







                                              FEIRACO RENOVA
                                    O DESEÑO DOS SEUS ENVASES






















                  Feiraco vén de lanzar ao mercado os seus cartóns cunha imaxe máis actual na que pon en valor os
                  seus principais valores: o seu modelo cooperativo e o compromiso con Galicia, coa sostibilidade do
                  rural, co consumo local e co medio ambiente. Así o recolle o lema que figura no frontal do cartón: «Só
                  leite da nosa cooperativa. Xerando valor dende 1968».
                  En liña con estas fortalezas, o lema «Alimentando un Xeito de Ser» continúa presente no envase como
                  parte esencial do logotipo da marca, como impulsor da mensaxe principal e da súa identidade
                  propia. Unha identidade que, tal e como se recolle neste novo deseño dos cartóns, pasa por elixir
                  unha cooperativa como é CLUN de máis de 2.500 socios onde os seus gandeiros venden directamente
                  o leite sen intermediarios; por elixir investir na viabilidade do medio rural galego; por elixir consumo
                  local e responsable e por elixir sostibilidade ambiental, porque as ganderías dos socios de CLUN están
                  situadas a menos de dúas horas da fábrica e porque no envase redúcense a 0 as emisións de CO .
                                                                                                    2
                  O formato do envase mantén as súas características altamente innovadoras que facilitan o seu
                  emprego, favorecendo o vertido e evitando o goteo, así como a súa reciclaxe grazas ao seu práctico
                  sistema de pregado.
                  Neste novo deseño dos cartóns ponse tamén en valor o método Feiraco, un modelo 360 no que a
                  calidade se garante desde a orixe. Para iso, os cooperativistas de CLUN reciben asesoramento técnico
                  permanente para o coidado das vacas; elaboran os seus propios pensos que, xunto coas mellores
                  forraxes galegas, garanten a produción dun leite de calidade, 100% galego, xa que provén unicamente
                  das ganderías dos seus cooperativistas.



                                                                                                        Nº 151 Decembro 2020
   42   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52