Page 41 - revista agaca 151_web
P. 41

41

                                                                                      mundo cooperativo

                       OVICA confía en igualar o consumo de


                         cabrito e cordeiro co doutras carnes




               OVICA, Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia, agrupa persoas produtoras de
               carne e de leite de gando ovino e caprino de Galicia. Fundada en 1994, actualmente conta
               con 157 persoas asociadas de toda Galicia sumando 18.000 animais, dos que 16.000 cabezas
               son de ovellas e o resto, de gando cabrún.

               Como indican dende a  Asociación, dentro da       son hándicaps a superar para acadar un maior
               súa masa social, a meirande parte das explo-      consumo.
               tacións son en extensivo, aínda que tamén
               contan cunhas poucas explotacións intensivas      Dende a Asociación propoñen mudar a menta-
               que dispoñen dun gran número de cabezas de        lidade: igual que se fai un solombo de porco á
               gando.                                            prancha con verduras, pódense cociñar unhas
                                                                 costeletas de cordeiro cunhas patacas ao forno
                                                                 e por suposto: «Probar tan só unha vez esta carne
                 Para que unha explotación de ovino ou
                                                                 no cociñado do día a día» para comprobar que
                 caprino orientada ao leite sexa rendible        permite «multitude de preparacións, que é unha
                      debería contar cun mínimo de 200           carne  sustentable  e  moi  sa  e  que  quen  proba,
                                                                 repite».
                 ovellas, mentres que para carne precisa
                                       duns 300 animais           Obxectivos

               Á  hora  de  estimar  rendibilidades,  a  Asociación   Un dos obxectivos principais de OVICA é
               aclara que para que unha explotación de ovino ou   aumentar a base social, mellorando servizos, xa
               caprino orientada ao leite sexa rendible debería   que historicamente contaban cun número alto
               contar  cun  mínimo  de  200  ovellas,  mentres  que   neste senso, pero nos últimos anos acusan un
               para carne precisa duns 300 animais.              descenso gradual.

               Actualmente, na súa maioría, as granxas conti-    A curto e medio prazo formulan outros logros a
               núan destinando parte da produción á venda        alcanzar como conseguir unha maior visibilidade
               en vivo, sendo, en abundantes ocasións, a persoa   para o sector, destacar o labor medioambiental
               compradora do animal a que se encarga da          desenvolvido, reducir custos de produción, mata-
               recollida do animal en explotación, aínda que se   doiros etc., e traballar na procura de diferentes
               vén detectando unha tendencia ao aumento no       cortes de carnes que permitan un consumo máis
               número de profesionais da gandería que están      rápido, igualando o consumo doutros tipos de
               realizando venta directa ou a través de opera-    carnes.
               dores.

               Como a  Asociación non dispón de matadoiro
               propio, acostuman a traballar con dous na
               provincia de Lugo: o de Celtaverde, no termo
               municipal de Taboada, e o de Frilea, no concello
               de Castro de Rei.

               Unha das grandes inquedanzas que asalta a
               este subsector gandeiro é a de afastar a imaxe
               da carne de caprino dun consumo moi puntual
               ligado a celebracións, sobre todo no que respecta
               ao cabrito. O prezo, a idea de que precisa un
               tempo de cociñado alto e, por tanto, se asocia
               a persoas de máis idade e a falta de tradición,
               en favor de carnes como a tenreira ou o porco,

                                                                                                        Nº 151 Decembro 2020
   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46