Page 40 - revista agaca 151_web
P. 40
40
mundo cooperativo
froitería as opcións de bolsa de plástico, bolsa
de papel ou malla reutilizable e, do que eu
vexo, unha esmagadora maioría opta polas
bolsas de plástico.
Outro valor co que todos enchemos a boca
dándolle importancia é o da proximidade, e
non teño moi claro se non pasará algo similar
como co da sustentabilidade: non semella
moi compatible que a proximidade teña peso
para nós como consumidores co feito de que
queiramos comer de todo, todo o ano; e cada
vez nos lineais dos supermercados hai menos
diferenza entre a oferta produtiva do verán e a
do inverno: sempre hai de todo.
Certo é que a evolución do mercado non é só
tendencias de consumo. Vimos, por exemplo,
a nivel de distribución con certa sorpresa
como a Covid-19 potenciou as cadeas de
supermercados con máis capilaridade, fronte
aos supermercados grandes que eran os que
máis viñan medrando estes anos.
Ao comercio online, no caso dos perecedoiros
de consumo —ao que nos dedicamos—,
aínda que loxicamente medrará, creo que lle
custará moito gañar cotas de mercado signifi-
cativas, polo menos fóra das grandes cidades.
Noutra orde de cousas, o destino que vaian ter
no post-Brexit as producións antes destinadas
ao mercado británico pode afectarnos máis
do que nos parece.
Tamén a nivel de produción, a evolución da
situación económica coa pandemia podería
reactivar as hortas domésticas e provocar
o refuxio no sector primario de profesionais
expulsados do mercado laboral, como pasou
despois da crise de 2008.
As organizacións que nos
dedicamos á comercialización
agroalimentaria das producións
dos nosos socios e socias temos
moito ao que estar atentos e non
nos imos aburrir
En fin, que as organizacións que nos dedi-
camos á comercialización agroalimentaria
das producións dos nosos socios e socias
temos moito ao que estar atentos e non nos
imos aburrir.