Page 35 - revista agaca 151_web
P. 35

35

                                                                                               tendencias

                        O IGAPE destina 10 millóns de euros a

                 préstamos extraordinarios para autónomos e


                  pemes da economía social con dificultades



               Autónomos e pemes vinculados a calquera sector da economía social con dificultades para
               facer fronte aos gastos do día a día puideron aliviar a súa situación solicitando un destes prés-
               tamos que o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) concedeu de forma extraordi-
               naria antes do 30 de decembro. O importe solicitado podía oscilar entre os 3.000 e os 500.000
               euros, a devolver en sete anos (os tres primeiros de carencia na amortización do préstamo) a
               un xuro próximo ao 0%.

               O Foro pola Economía Social Galega organizou      Non se solicitaron garantías especiais, máis que
               unha reunión online aberta para dar a coñecer     a propia responsabilidade das empresas, ás enti-
               estas axudas con profesionais do IGAPE, na que    dades solicitantes ata una importe de 200.000
               tamén participou a directora xeral de Emprego,    euros, a partir deste importe estudaríase cada
               Covadonga Toca, o pasado 9 de decembro.           caso.

                                                                 Para consultas igaperesponde@igape.es
                     Os préstamos teñen un xuro próximo
                     ao 0% porque a Administración non
                                                                     O IGAPE é a axencia, adscrita á Consellería
                                      busca gañar nada
                                                                     de  Economía,  Emprego  e Industria,  para  o
                                                                     desenvolvemento  económico  de  Galicia.
                                              Curro López
                                                                     Ten como misión apoiar as actividades que
                                                                     contribúan a mellorar o sistema produtivo
               Curro López, subdirector de Información do            galego, facilitando os procesos de creación,
               IGAPE, subliñaba o carácter extraordinario destes     consolidación e crecemento empresarial.
               préstamos, creados para axudar ás entidades
               con problemas a raíz da pandemia provocada             Os seus obxectivos:
               pola COVID-19 e aclaraba que «son préstamos            •  Impulsar a creación de novas empresas
               directos que concede o IGAPE, non vinculados a          e fomentar o espírito emprendedor.
               unha entidade bancaria, concibidos para aliviar
               a  caída  de  facturación  pola  crise,  dirixidos  a   •  Incrementar a competitividade das
               empresas con dificultades de acceso a capital           empresas galegas a través da innova-
               circulante, a pagos de nóminas, provedores              ción e o desenvolvemento tecnolóxico.
               etc.», especificando que «non son para cancelar        •  Atraer investimento a Galicia.
               débedas nin para financiar investimentos».
                                                                      •  Facilitar a internacionalización.
               López tamén aclarou que os préstamos se orientan
               a empresas que poden ter perdas económicas,            •  Apoiar a cooperación e os proxectos
               pero non estar en concurso de acredores.                colectivos de empresas galegas.



















                                                                                                        Nº 151 Decembro 2020
   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40