Page 44 - revista agaca 163_web
P. 44

44
                                                                         MINISTERIO
                                                                         DE AGRICULTURA, PESCA
               mundo cooperativo                                         Y ALIMENTACIÓN
                        «Dicimos moi alto e forte que estamos


                               orgullosas de ser agricultoras e

                                             cooperativistas»




               Delia Núñez, Sandra Gómez e Fina Barreiro
               son tres horticultoras socias da cooperativa
               de Cambados, Horsal, que ademais forman
               parte do Consello Reitor. As tres reivindican
               a súa profesión, «igual de digna e nece-
               saria que a dun médico ou avogado», e o
               gran valor que supón formar parte dunha
               cooperativa,  debendo  «todas  as  persoas
               socias pasar un tempo na directiva para
               entender mellor o traballo que se fai».

               Mentres que Sandra e Fina coñecían a coope-
               rativa dende sempre porque as súas nais eran
               horticultoras e socias, Delia, sen nai dende os 17
               anos, tiña máis relación coa venda do leite, ata
               que se animou a probar coa horta: «Con máis de
               30 anos de experiencia, digo con orgullo que é
               unha carreira na que levo 30 anos aprendendo».
                                                                               Dende a esquerda: Fina, Sandra e Delia.
               Con idades e situacións persoais diferentes, as
               tres coinciden na valoración tan excepcional      dende dentro e, sobre todo, a xente nova debería
               da profesión —que, como indica Sandra, lles       loitar pola cooperativa, porque coa cooperativa
               ofrece moita liberdade para conciliar horarios    a intención é  que todos medremos».
               e calidade de vida— e da cooperativa: «A súa
               segunda casa», como recoñece Delia. Fina          Á  Administración  pídenlle:  «Mire  por  nós  con
               lamenta:  «Mentres outros colectivos como o das   cursos, axudas e, sobre todo, velando por un
               mariscadoras amosan moita unión, aquí (en         control da produción que chega de fóra sen
               Galicia) imos cada un ao seu en vez de mirar en   pasar  os  requisitos  de  aquí».  Delia  tamén  ten
               conxunto como, pola contra, si se fai nas coope-  unha mensaxe para a Distribución: «Gustaríame
               rativas».                                         levar a un responsable da distribución á miña
                                                                 casa e que viran a horta; non é posible que toda
               Aínda que cando lles propuxeron formar parte      a produción sexa igualiña, con idéntica forma
               da reitora da cooperativa tiveron as dúbidas      e tamaño, de xeito que cando unha parella ten
               habituais («terei os coñecementos axeitados, a    tres fillos, os tres son distintos; rexéitanse moitos
               capacidade...»), decidiron afrontar a situación e   cultivos por non acadar un estándar». Sandra
               comprometerse; agora afirman estar encantadas     matiza: «Pretenden que fabriquemos tornillos» e
               de poder achegar a súa experiencia, opinións e    Fina considera que «a Xunta deberíalle parar os
               suxestións, tanto dende o rol de produtoras como   pés ás grandes áreas».
               do de reitoras , porque, aseguran: «Cando lle vai
               ben á  cooperativa, vainos ben a todas as persoas   Entrevista posible por unha actuación financiada
               socias e viceversa; é unha mágoa que non todos    a través do Programa de Asistencia Técnica 2023
               se dean conta».                                   enmarcado dentro das actuacións do Convenio
                                                                 MAPA-Cooperativas Agro-alimentarias de España
               As tres sinalan que lles gustaría que a base      para o desenvolvemento de diversas actividades
               social participase máis, incluso nas  Asembleas:   de mellora da competitividade e modernización
               que acudisen e falasen, que expuxesen as súas     das cooperativas agroalimentarias e a formación,
               dúbidas e se animasen a formar parte da Xunta     igualdade e substitución xeracional en consellos
               Reitora: «É  moi  satisfactorio  saber  o  que  se  fai   reitores.

                                  Nº 163 Maio 2023
   39   40   41   42   43   44   45   46   47   48   49