Page 48 - revista agaca 163_web
P. 48

48

               novas
                               Perspectivas do mercado lácteo

                                  e derivados na UE para 2023


               A produción leiteira na UE en 2022 mantívose estable; as exportacións
               diminuíron en volume (pero récord en termos de valor) e a compra de
               lácteos nos fogares aumentou levemente.

               Probablemente, en 2023, aumente o sacrificio de vacas pola diminución
               dos prezos do leite cru.  A produción de  manteiga  e leite desnatado
               podería diminuír por contar máis existencias do habitual o que podería
               cubrir en parte, o aumento das explotacións e o uso interno.
               Agárdase que o consumo da UE se enfronte a un cambio nas preferen-
               cias dos consumidores por produtos de menor calidade, non incidindo
               tanto no volume total como no valor.
               Sería importante que China recuperase a demanda de importacións para que crezan as exportacións da UE.



                   Caixa Rural Galega celebra a súa Asemblea
                   Xeral para aprobar as contas anuais de 2022



               Caixa Rural Galega celebrou a súa Asemblea Xeral anual o
               6 de maio coa presenza do Consello Reitor da cooperativa
               de crédito, presidida por Manuel Varela, e os representantes
               das Xuntas Preparatorias celebradas durante estas últimas
               semanas nas localidades de Allariz, Meira, Vigo, A Coruña
               e Lugo.

               O punto máis relevante da orde do día foi a aprobación das
               contas do exercicio 2022, das que destaca un beneficio neto
               que acadou preto de nove millóns de euros, o que supón un
               incremento do 40% respecto do ano anterior e unha cifra
               récord para a Entidade con sede en Lugo. Este incremento é froito da mellora de marxes respecto a anos ante-
               riores nos que os tipos de xuro negativos penalizaban de xeito significativo as contas de resultados do sector.
               As contas recollen uns activos que acadan preto de dous mil millóns de euros e que supoñen un crecemento
               algo superior ao 12% respecto do ano anterior. Os depósitos de clientes superan os mil setecentos millóns de
               euros e o investimento crediticio acada 825 millóns de euros, con incrementos para ambas as partidas do 14%
               e do 8% respectivamente.


                     Aira, Clun, Horsal e Viña Costeira organizan

                           xornadas de portas abertas en xuño


               Coa finalidade de impulsar a imaxe das cooperativas na sociedade galega, a Consellería de Emprego e
               Igualdade, conxuntamente coas entidades que conformamos o Consello Galego de Cooperativas, celebra-
               remos cada semana do mes de xuño, un día de portas abertas nunha destas catro cooperativas: Aira (Lugo),
               Clun (A Coruña), Horsal (Pontevedra) e Viña Costeira (Ourense).
               Ese día convidarase á sociedade a coñecer dous casos reais de cooperativas (unha cooperativa agraria e
               unha cooperativa de traballo asociado), recibindo aos asistentes na cooperativa agraria.

               A duración estimada será  de dúas horas durante as que se fará un percorrido polas instalacións para que o
               público poda facerse unha idea real da vida cotiá da cooperativa así como do seu impacto económico e
               social, e o mesmo, en relación á  de traballo asociado.

                                  Nº 163 Maio 2023
   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52