Page 47 - revista agaca 163_web
P. 47
47
novas
Presentamos SixTuaTe no III Foro sobre
Innovación en Boqueixón
O salón de actos do Centro de formación e experimentación
agroforestal de Boqueixón foi o lugar escollido para celebrar,
o 29 de marzo, o III Foro sobre Innovación Produtiva do Sector
Agrario, un acto no que se presentaron os resultados de 19
proxectos FEADER (Fondo Europeo Agrario de Desenvolve-
mento Rural) vinculados a diversos sectores agroalimentarios,
entre os que se atopaba o de «Sistema de Axuda a decisión
para a localización de novas explotacións agrarias SixTuaTe»,
que desenvolvemos dende AGACA xunto coa Universidade
de Santiago de Compostela.
Sergio García, responsable da área de Calidade de AGACA,
encargouse de expoñer as conclusións deste proxecto
ideado coa finalidade de localizar terras óptimas para situar
novas explotacións agrarias. Todos os proxectos presentados
encádranse no sector primario e incorporan investigación e
innovación.
O conselleiro do Medio Rural, José González inaugurou o evento no que ademais se informou sobre próximas
convocatorias.
O contido do proxecto pode consultarse no Caderno Técnico do número 160 da revista Cooperación Galega:
https://agaca.coop/ag_revista/cooperacion-galega-no-160-outubro-2022/
As entidades agrarias reúnense coa Consellería
do Medio Rural
O 27 de marzo, AGACA xunto cos tres sindicatos agrarios maioritarios, UUAA, ASAGA e SLG xuntáronse co
director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e co conselleiro do Medio Rural para
revisar aspectos que preocupan moito no sector como os trámites da PAC ou os prezos e contratos vinculados
ao leite.
Un punto acordado foi instar ao Goberno central a simplificar o proceso de solicitude e tramitación das
axudas da PAC, xa que pola gran parcelación de terras da nosa CCAA, as declaracións son moi complexas,
así como implantar os novos ecorexímenes e, en xeral, adaptarse ás múltiples normativas que en materia
ambiental se están a publicar de xeito continuo. Nin os propios técnicos tiveron o tempo preciso para coñecer
a fondo todas as implicacións e requirimentos burocráticos e asesorar axeitadamente. Precísase máis tempo.
Xa queda claro que o Caderno Dixital non poderá
estar operativo nos prazos marcados.
En relación co subsector leiteiro, considérase
incoherente o papel da Industria e non pode
cargarse a responsabilidade dos prezos sobre os
produtores. Cómpre que a industria negocie e non
impoña os prezos e que a Comisión Nacional de
Mercado de Valores investigue un posible acordo
neste senso.
Por outra banda, acordouse instar á INLAC para
que se actualicen os índices de indexación de
prezos para que se utilicen máis e tamén dispoñer
de datos de máis profesionais da gandería inscritos
na Conta Láctea debendo chegar aos 2000 para
que teña efectividade xurídica.
Nº 163 Maio 2023

