Page 42 - revista agaca 163_web
P. 42
42
mundo cooperativo
«Dicíanme que estaba tolo por deixar un
traballo fixo e dedicarme ás viñas»
Antonio Dopazo tivo que escoitar moitas
veces que estaba tolo, que ía equivocarse,
que non estaba tomando a decisión axei-
tada cando deixou un posto de traballo
como funcionario (da escala A1, a máis
alta) para apostar pola viticultura, unha
profesión que o motivaba dende neno.
A día de hoxe, con 34 anos é quen de demostrar
a calquera, con números e resultados, que os que
se trabucaban eran os demais. A súa relación
coas vides vén de lonxe; a súa nai máis o seu pai
(un histórico da cooperativa vitivinícola Martín
Códax), agora xubilados, dedicaron toda a súa
vida ao coidado e xestión do viñedo e, como
tantos outros proxenitores, desexando o mellor
para os seus fillos, insistiron a cada un dos tres en
que estudasen porque «esta non era unha boa
vida», a pesar de que os tres sentían paixón polos
viñedos.
Curiosamente, dos tres irmáns que son, dous
(contando a Antonio) dedícanse profesional-
mente ao viño. El virou por completo o seu destino
rexeitando un traballo de oficina como recadador
de impostos por vivir cada día sentíndose máis
libre e dono do seu tempo, gozando co traballo
Entrevista a
do campo.
«Nacín entre viñas, é o que me gusta», indica
Antonio quen recoñece que agora vive a vida Antonio Dopazo,
que quere, pero non deixándose levar por un
impulso. Coñecía ben o traballo, as implicacións
económicas, os gastos dunha explotación deste viticultorviticultor
tipo, as dificultades, fixo números, analizou as
variables en xogo, aforrou mentres traballaba
como servidor público e, unha vez que o tivo Actualmente traballa catro hectáreas, dúas dos
claro, investiu e apostou polas vides: «O campo seus pais (que xestiona el) e dúas en propie-
é rendible, sempre e cando te dediques a el dun dade (algunha finca herdada pola súa muller),
modo profesional. Podes vivir moi ben. Eu agora a maioría adquiridas de forma natural para el,
gaño máis que antes» xa que entra dentro da súa normalidade ter un
carácter aberto e sociable, manter contacto cos
veciños e ir propoñendo ás persoas que pensa
O campo é rendible, sempre e cando
que van ir deixando a actividade, a venda dos
te dediques a el dun modo profesional. terreos, en lugar de esperar a que aconteza. Sabe
Podes vivir moi ben. Eu agora gaño que moita xente ten dificultades para ampliar
terreos; el, de momento, vaino conseguindo. O
máis que antes.
pasado ano recolleu arredor de 40.000 quilos de
uvas e cada ano entran novas, porque empezan
a dar produción, explica.
Nº 163 Maio 2023