Page 37 - revista agaca 163_web
P. 37

37

                                                                                               tendencias

                     AgriCoopValue axuda ás cooperativas a


                                   coñecer o seu valor social




               Do 17 ao 21 de abril técnicos de AGACA
               viaxaron a Letonia no marco do proxecto
               AgriCoopValue. Ademais de xuntarse con
               representantes doutras entidades socias
               e con cooperativas letonas, visitaron enti-
               dades locais para aprender o modelo de
               negocio.

               AGACA é unha das entidades socias do proxecto
               AgriCoopValue, que busca monetizar o valor
               social das cooperativas. Por valor social entende
               que as cooperativas, alén dun negocio, achegan
               á contorna valor que pode ter varias formas máis
               ou menos tanxibles: dende postos de emprego
               ata favorecer a sanidade, pois, por exemplo, se
               fixan poboación mediante o emprego facilitan o
               mantemento de servizos de saúde.

               Un dos obxectivos de AgriCoopValue é traducir
               en diñeiro este tipo de repercusións e outro,
               informar a estas entidades sobre valor social
               e como medilo, para o que serviu a actividade
               en  Letonia.  Así, durante a semana, os socios
               revisaron a metodoloxía procedemental da
               contabilidade social xerada polas cooperativas
               e impartiuse formación a algunhas delas acerca    en forma de, respectivamente, froita deshidratada
               da monetización do seu valor social, variables    e confeiteada e licores.
               e indicadores de valor social, como calculalo e
               beneficios de sabelo.                             Desnvolvemos  AgriCoopValue con: GEAccoun-
                                                                 ting (España),  Atlantis Engeneering (Grecia),
               Ademais, houbo unha visita á cooperativa          Axencia de Desenvolvemento Rural do Condado
               Straupe, con 47 persoas como base social, que     de Zadar AGRRA (Croacia), Centro de Educación
               transforma 22 toneladas de leite diarias; entre o   e Consulta Rural de Letonia (LLKC), Sociedade de
               seu valor están os 100 postos de traballo que xera   Organizacións Cooperativas Irlandesas (ICOS)
               de media, entre produción, transporte e as súas   e Confagri (Portugal), con financiamento do
               12 tendas. Tamén visitaron Ramkalni e Zilver vīno-  programa Erasmus+.
               tava, que mercan produto fresco a cooperativas
               e transfórmano para vender con valor engadido     Máis información en www.agricoopvalue.eu




     Contamos con
     certificación PEFC  y FSC ®
                   TM
     Pregunte por nuestros
     productos certificados FSC ®
     Productos reciclables
     y biodegradables

     Tu papel,  para asegurar                                                                        Nº 163 Maio 2023
     el futuro de los bosques
   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42