Page 41 - revista agaca 163_web
P. 41

41

                                                                                      mundo cooperativo

                         Como obtivo a cooperativa Xallas a


                                   certificación GLOBALG.A.P.



               Certificación GLOBALG.A.P. para alimentos compostos é un tipo de certificación complexa
               que consta de 15 apartados e 208 puntos de cumprimento, por iso é polo que as fábricas
               certificadas en GLOBALG.A.P. proporcionan ao cliente unha relevante garantía de calidade.
               Compartimos a experiencia da cooperativa Xallas que vén de obter este certificado.


                                                                 Javier, taballador no almacén, e Juan,
               Nesta Norma téñense en conta aspectos contro-     responsable de fábrica.
               lados  pola Administración,  como  o  relacionado
               coa rastrexabilidade das materia primas e
               produtos terminados, e outros relativos á preven-
               ción de riscos laborais e procesos para garantir
               a calidade do produto e tamén ao benestar do
               cadro de persoal.

               Dende o punto de vista técnico, a preparación
               da auditoría externa implica múltiples horas de
               revisión e preparación da documentación e da
               fábrica, xa  que  durante a  visita compróbanse
               algúns  dos  puntos,  por  exemplo,  que  non  haxa
               paxaros nin roedores na fábrica, limpeza, que
               os produtos certificados en GLOBALG.A.P. estean
               fisicamente separados dos que non están certi-
               ficados etc.

               No primeiro encontro vese a dinámica de fabri-    os  sacos  de  pensos  de  forma  máis  cómoda,
               cación e solicítase algunha documentación para    sinalización clara das rutas, carteis indicativos
               empezar a traballar.  A continuación, prepárase   de perigos en todos os puntos, control de visitas
               a documentación necesaria de acordo aos           máis exhaustivo, uso de EPIS proporcionados pola
               distintos puntos de cumprimento e vaise  actua-   empresa de forma correcta, formación do persoal
               lizando a  que  está  obsoleta. Realízanse  varias   de fábrica etc.
               visitas antes da auditoría interna para preparala
               documentalmente e obsérvanse os cambios na        Realizáronse varias formacións para o persoal
               fábrica. No caso da cooperativa Xallas todo o     de fábrica: produtos químicos, Guía de Boas
               persoal contribuíu a que fose máis sinxelo.       Prácticas na fabricación de pensos etc. Sempre
                                                                 dispostos a mellorar, é de agradecer a súa dispo-
               Na auditoría interna revísanse todos os puntos    sición a deixarse axudar e aconsellar.
               de control da Norma e realízanse dous supostos
               prácticos: un de materia prima e outro de produto         Sempre dispostos a mellorar, é de
               terminado para comprobar a rastrexabilidade, e,
               por último, un balance de masas anual.                   agradecer a disposición de todo o
                                                                    persoal a deixarse axudar e aconsellar.
               A auditoría externa dura dúas xornadas que
               inclúen a visita á fábrica, comprobación dos      En Xallas están contentos de elixir esta Norma de
               puntos do checklist, realización de dous supostos   calidade e xa estamos a traballar para preparar
               prácticos e o balance de masas.                   a auditoría externa do 2023 que, esperemos, lles
                                                                 permita continuar mellorando.
               Dende  AGACA mantívose un contacto perma-
               nente de intercambio de información e documen-                              Teresa Saura Leira
               tación e, de forma progresiva, íanse detectando             Técnica Dpto. Calidade e Innovación
               as transformacións: andeis novos para colocar                           Alimentaria de AGACA



                                                                                                     Nº 163 Maio 2023
   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46