Page 40 - revista agaca 163_web
P. 40

40

               tendencias

                     «O noso tofu é o máis caro do mercado»




               José A. Landeira e Marta García están detrás de Landeira Alimentación S.L., unha iniciativa
               empresarial novidosa dedicada ao cultivo da soia e posterior transformación nun produto que
               cada vez ten máis adeptos, o tofu ecolóxico. José A., enxeñeiro agrónomo de profesión, está
               a dedicar grandes esforzos á elaboración e comercialización desta proteína vexetal e quere
               facelo ben, por iso vai paso a paso e aproveitando os recursos dispoñibles como vén sendo
               a súa participación na última convocatoria da aceleradora do sector alimentario de Galicia,
               BFFood.

               Hai cinco anos que comezou a xestarse este
               proxecto de produción alternativa co fin de servir                                     José A. Landeira e Marta
               de opción empresarial e laboral convivindo coa                                            García nun acto de
               «ansia de revalorizar o rural galego e fixar poboa-                                        promoción do tofu.
               ción, alimentando ás persoas dun xeito saudable
               e alternativo», segundo expresa José Antonio.

               A soia é un cultivo que precisa bastante auga
               e, de momento, Galicia parece unha opción
               axeitada. Este ano plantaron dúas ha, o dobre do
               ano pasado, e esperan recoller arredor de 2.000
               kg/ha de soia. Neste intre elabora máis de 50 kg
               de produto diariamente e, sen novidades, ten
               capacidade para case triplicar; de chegar a ese
               punto, recoñece que debería introducir cambios
               para adaptarse a unha demanda tan elevada, o
               cal tamén está agardando porque a súa meta é
               crear unha marca arredor deste produto e dedi-
               carse profesionalmente en exclusiva.

               Esta  empresa,  indica  José  A.,  segue  a  máxima
               de ser sostible e estar baseada nunha economía
               circular onde eles se encargan do proceso         chega a outros puntos de España a través de
               completo: cultivo da soia, elaboración artesanal   espazos comerciais gourmet e vexetarianos. Están
               do tofu, envasado e incluso a distribución.       incluso traballando con comedores de empresas
                                                                 como Inditex ou colexios, e, nestes días, nego-
               Este produto —«o máis caro do mercado, e dígoo    ciando con El Corte Inglés.
               con todo o orgullo», presume este enxeñeiro—
               véndese  en Galicia  a través de Gadisa, pero     Tamén recoñece a importancia da colaboración
                                                                 que recibe por parte de Ecovilariño, granxa en
                                                                 ecolóxico que achega terra e maquinaria.
     O Tofu é 100% ecolóxico e conta
     co selo do CRAEGA (Consello
     Regulador da Agricultura Ecolóxica                           José  A. recoñece que é un cultivo que ten
     de Galicia)                                                  moitas posibilidades pero tamén precisa moita
                                                                  dedicación e investigación, por iso está satis-
                                                                  feito  co  apoio  que  está  a  recibir  da Adminis-
                                                                  tración e, por suposto, coa proxección que ten:
                                                                  «Entendo que as Administracións e os centros
                                                                  de investigación aposten por el».

                                                                 Este emprendedor segue buscando parcelas
                                                                 e traballando en diversos proxectos para seguir
                                                                 estudando as posibilidades do tofu, tan valorado
                                                                 nas culturas máis orientais, que el coñece ben
                                                                 por ter vivido fóra moitos anos.

                                  Nº 163 Maio 2023
   35   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45