Page 35 - revista agaca 163_web
P. 35

35

                                                                                               tendencias

                                  Quedan incógnitas na PAC

                                e nas normas de fitosanitarios





               Persoal técnico e membros dos consellos
               reitores das cooperativas asistiron o 25 de
               abril  á  Xornada  técnica  para  estudo  da
               aplicación política da PAC e nova norma-
               tiva de fitosanitarios, en Santiago.



               Das novidades da PAC encargouse José Luis
               Acción, xefe de sección do Servizo de axudas
               agrícolas do FOGGA (Fondo Galego de Garantía
               Agraria da Xunta de Galicia). A actual PAC trae
               un plan estratéxico, polo cal se marcan os pagos
               directos (desacoplados), e o mundo do desen-
               volvemento rural, con 17 normas; en conxunto, un
               sistema «complexo» sobre o que a Administración
               continúa a recibir aclaracións logo da apertura
               do prazo de convocatorias, segundo Acción.        e os animas que van pacer —entre 0.4 e 2 UGM—
                                                                 un mínimo de 90 días/ano).
               Quen pode acceder á PAC? Como caso xeral, as
               persoas afiliadas á Seguridade Social por conta   Respecto dos fitosanitarios, Patricia de Almandoz
               propia cunha porcentaxe de ingresos agrarios      (técnica de  Cooperativas  Agro-alimentarias de
               total, igual ou superior a 25%; como excepcións,   España)  debullou  a  proposta  de  Regulamento
               as  persoas  que  en  2022  recibisen  menos  de   sobre o Uso Sostible de Produtos Fitosanitarias
               5.000€ da PAC.                                    (SUR) do Parlamento e o Consello europeos. Está
                                                                 en proceso de confirmación, previsto que finalice
               Unha nova figura en España é o pago redistri-     en 2023.
               butivo:  unha  axuda  complementaria  á  axuda
               básica á renda que se aplica sobre as primeiras   Contempla, cara a 2030, a redución do 50% no
               hectáreas da explotación.                         uso e risco dos produtos químicos fitosanitarios
                                                                 e o uso dos fitosanitarios máis perigosos, agás
               Respecto dos pagos a persoas mozas e novas        en  zonas  sensibles onde están prohibidos  (o
               incorporacións, contempla a figura de xefe de     que afecta ao 40% da SAU española). Ademais,
               explotación, cunha participación cando menos      os usuarios profesionais deben contar con
               igual ou algo superior á de quen máis participa-  asesoramento externo na materia, entre outras
               ción ten na explotación. Debe demostrar o nivel   novidades. En decembro, 17 estados membros
               de responsabilidade e coñecemento mediante        remitiron unha carta de oposición solicitando á
               unha enquisa. Poden cobrarse ata 100 hectáreas,   Comisión Europea un estudo que complemente
               equivalentes a 100 dereitos, e recíbese a integri-  a evolución do impacto, para o que dan 6 meses.
               dade do valor medio dos dereitos na rexión (se a
               beneficiaria é muller, sobe un 15%).              En España, o Real Decreto 1050/2022, para
                                                                 conseguir un uso sostible dos produtos fitosanita-
               Os eco-rexímenes son requisitos, obrigas adqui-   rios, contempla o cálculo dun indicador de uso
               ridas  alén dos  mínimos  establecidos no Pago    individualizado a nivel de explotación, a partir
               Verde. Para eles reservouse un equivalente ao     dos datos do caderno de explotación dixital, o
               23% do importe da axuda básica á renda. Acción    cal entra en vigor en setembro para explotacións
               admite que «non é nada fácil acceder a eles». A   que superen 30 ha de terra de cultivo ou pasto
               Galicia aféctanlle o de rotación de cultivos, o de   permanente ou 10ha de cultivo permanente,
               pastos de sega e illas de biodiversidade e o de   teñan  máis de  5 ha  de  regadío  ou  dispoñan
               pastoreo extensivo (cómpre declarar as parcelas   dalgún invernadoiro, segundo o RD 1054/2022.



                                                                                                     Nº 163 Maio 2023
   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40