Page 46 - revista agaca 163_web
P. 46
46
coopTIC
Saca partido ao móbil
A próxima vez que viaxes e non entendas os carteis ou queiras ler algo de Internet pola rúa sen tropezar, usa
estes trucos.
Traduce
Abre Google Lens (se non o tes, podes instalalo na Play Store: ). No menú inferior preme «traducir» e
apunta coa cámara ao texto. Detectará o idioma automáticamente e podes selecionar a que idioma o pasas
premendo no botón correspondente.
Lens empeza a traducir cando a cámara enfoca, pero se fas unha foto poderás selecionar todo ou parte
do texto para pegalo ou compartilo, escoitalo, e tamén compartir a foto co texto traducido e enviala a un
ordenador que estea sincronizado coa mesma conta de Google que o teléfono.
Que pasa se o texto está nunha foto gardada no móbil? Sen problema: Abre Lens. Abaixo podes despregar un
listado de localizacións de fotos no teu móbil; só tes que buscar que precisas.
Escoita Internet
Abre a web que che interesa e comparte a ligazón con Google Go (se non o tes, instálao na Play Store: ).
En Go selecciona a web correcta e abrirase embaixo un botón de reproducir son. Podes axustar a velocidade
e avanzar e retroceder na narración. Dende Go tamén podes traducir e escoitar o texto das fotos, como en
Google Lens, pero non compartir.
Nº 163 Maio 2023