Page 49 - revista agaca 163_web
P. 49

49

                                                                                                    novas
                  AGACA comparte en Asturias os resultados do

                       proxecto de mellora da competitividade

                                     nas explotacións leiteiras

               COOPID é  unha iniciativa de carácter europeo que identifica casos
               de éxito na UE para mostralos e divulgalos despois e que sirvan como
               referentes na implantación da bioeconomía no sector primario. O
               pasado 23 de marzo, AGACA participou nunha xornada en Asturias
               organizada por  Cooperativas Agro-alimentarias de España para dar
               a coñecer os obxectivos do proxecto e as accións que están a desen-
               volver as cooperativas de leite neste senso.
               Participaron no evento profesionais da gandería, técnicos e respon-
               sables diversas entidades e cooperativas leiteiras entre as que se
               atopaba AGACA que explicou o proxecto desenvolvido pola Asocia-
               ción xunto con Biogroup (USC): «Mellora da competitividade das
               explotacións de gando vacún de leite, a través da innovación
               ecolóxica e a produción hipocarbónica mediante asesoramento
               para a redución da pegada de carbono e pegada hídrica», cuxo
               obxectivo era identificar os parámetros que máis inciden nas
               emisións de gases contaminantes.
               Tras estudar a emisión da pegada de carbono de 100 granxas produtoras de leite de Galicia, a media reflicte
               unha emisión de 1,15 kg por litro de leite producido. Os maiores causantes desta pegada son o manexo dos
               fertilizantes e dos pensos e a alimentación, a da pegada hídrica.

               No número 161 de Cooperación Galega, o Caderno Técnico centrouse neste estudo:
               https://agaca.coop/ag_revista/cooperacion-galega-no-161-decembro-2022/

                 Feiraco pon en marcha o movemento «Falarei!»
                         con motivo do Día das Letras Galegas


               A empresa láctea galega Feiraco, integrada na Coopera-
               tiva Rural Galega CLUN e con sede no concello coruñés de
               Ames, puxo en marcha unha divertida iniciativa para cele-
               brar o Día das Letras Galegas, que este 2023 homenaxeaba
               ao escritor e intelectual de Lourenzá, Francisco Fernández
               del Riego (1913-2010). «Soño unha Galicia ideal que no meu
               tempo non se realizou, pero pode realizarse no futuro» esta
               declaración do autor de Fernández del Riego en canto ao
               idioma galego, inspirou esta campaña futurista de Feiraco.

               Nos últimos anos, as estatísticas veñen reflectindo que en
               Galicia se emprega cada vez menos a nosa lingua, espe-
               cialmente entre a mocidade. Para animar ao uso do galego,
               Feiraco imaxinou unha vaca que chega do futuro cunha
               mensaxe e unha misión para todas e todos nós. E así o comunica nas caixas de leite enteiro, semidesnatado
               e desnatado coa ilustración dunha vaca con lentes que vén do futuro. Para saber máis, un QR leva a páxina
               da iniciativa falarei.gal que amosa unha historia e Feiraco divulgará un vídeo co desembarco da vaca do
               futuro nun prado galego para lanzar a súa mensaxe de advertencia e unha solución aos galegos e galegas.
               «Falarei!» é o movemento colectivo que propón esta campaña a través da vaca que chega do futuro. Nesta
               liña, Feiraco busca o compromiso da sociedade co noso idioma, a través dun sinxelo e divertido xesto: poñer
               unhas lentes de sol (ou utilizar o seu filtro exclusivo de Instagram) e subir un vídeo ás redes sociais dicindo «Eu
               falarei!».




                                                                                                     Nº 163 Maio 2023
   44   45   46   47   48   49   50   51   52