Page 44 - revista agaca 158_web
P. 44
44
mundo cooperativo
«A IV Gama segue a ser un proxecto
desafiante e ilusionante para Horsal»
«Agora que temos máis dun ano de Fernando Veiga,
experiencia na IV Gama para ver a xerente de Horsal
evolución, podemos dicir que os crece-
mentos mensuais superan normalmente
o 30%», explica Fernando Veiga, xerente
da cooperativa hortícola Horsal, quen fai
unha valoración altamente positiva desta
experiencia na que se embarcou a coope-
rativa co impulso dun dos seus clientes de
referencia: Vegalsa- Eroski, con quen levan
xa dous anos medrando por riba do 20%
en cifra negocio, sendo a IV gama, unha
parte menor do crecemento.
Horsal está a posicionarse como unha coope-
rativa de renome nos mercados da produción
hortícola e varias son as claves que favorecen
este posicionamento. Ademais da calidade do
produto, moi coidada, e ir da man dunha firma
consolidada como Vegalsa -Eroski, están apos-
tando fortemente pola innovación, sen medo a
afrontar novos retos. Así comezaron a comercia-
lizar en IV Gama e están iniciándose na produ-
ción ecolóxica. Dous desafíos cuxos resultados,
respondendo á nosa solicitude, comparten con
nós.
«Non é doado facerse notar nun lineal cunha
amplísima oferta de referencias e, non obstante, Empezamos coa leituga rizada e xa
vemos que cada vez nos van probando máis, probamos co grelo, a verza-kale, unha
nos van coñecendo máis e se vai afianzando mestura de leituga riza e de folla de
o consumo», explica o xerente de Horsal, que
comenta que empezaron coa leituga riza por ser carballo e agora estamos en fase de
o produto de maior consumo na contorna e que, probas con folla de espinaca e leituga
precisamente, non estaba cuberto en IV Gama.
de cordeiro